InicioSucesosDetido na rúa Badaxoz tras agredir á súa parella, en presenza da...

Detido na rúa Badaxoz tras agredir á súa parella, en presenza da filla de ambos, por chegar tarde tras saír de festa

Atacouna, rasgándolle a roupa e suxeitándoa fortemente polo pescozo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo a un home de 48 anos de idade, N.E.F.A., natural de Perú, como suposto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir á súa parella, á que recriminou que chegara tarde a casa tras saír de festa coas súas amigas. Os feitos ocorreron na madrugada deste mércores, cando a Policía recibiu unha chamada da vítima, que informaba de que a súa parella a agrediu na súa vivenda da rúa Badaxoz, en presenza da filla de ambos, de 4 anos. Os axentes desprazáronse ao domicilio, onde foron recibidos polo suposto agresor, que recoñeceu a discusión, por chegar tarde ela, pero negou agredir á muller.

Pola súa banda, a muller explicou que, cando chegou á súa casa en compañía dunha amiga, a súa parella negoulle o acceso e, ao entrar, atacouna, rasgándolle a roupa e suxeitándoa fortemente polo pescozo. A amiga interpúxose para axudala e ambas lograron saír do domicilio, antes de chamar ao 092. Os funcionarios comprobaron que a vítima tiña a roupa rasgada e marcas no pescozo compatibles coa agresión referida, polo que procederon á detención do home, como suposto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...