InicioDeportesO Concello reclama a Louzán (RFEF) que aclare os criterios de elección...

O Concello reclama a Louzán (RFEF) que aclare os criterios de elección de sedes do Mundial que deixan fóra a Vigo

Segundo apuntou, a RFEF limitouse a constatar que Vigo quedara fóra, e o Comité apuntou que o motivo sería a obtención dunha puntuación inferior ao resto de sedes, en concreto, referíase a unha baixa valoración no apartado de 'estrutura financeira'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

goberno municipal de Vigo remitiu unha carta ao recentemente elixido presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, para que aclare os criterios e baremos que rexeron a elección das sedes para o Mundial 2030, e polos que Vigo quedou fóra das cidades elixidas.

Na misiva, asinada polo concelleiro Javier Pardo, o Concello lembra que xa pediu esa información en xullo pasado á RFEF e, semanas despois, ao Comité Técnico da Candidura 2030. Segundo apuntou, a RFEF limitouse a constatar que Vigo quedara fóra, e o Comité apuntou que o motivo sería a obtención dunha puntuación inferior ao resto de sedes, en concreto, referíase a unha baixa valoración no apartado de ‘estrutura financeira’. Coa elección dun novo presidente neste organismo, Rafael Louzán, o goberno de Vigo entende que é “imprescindible” que, aras da “transparencia”, se coñezan cales son os criterios que se tiveron en conta para seleccionar as sedes do Mundial en España, unha cuestión que, a día de hoxe, “non foi aclarada”.

“É obvio que na actualidade o principio de transparencia na xestión dos recursos públicos é un dos alicerces fundamentais da boa xestión e os cales son de obrigado cumprimento para todas Federacións Deportivas Españolas de acordo coa normativa do CSD”, expón o goberno local na carta, antes de reiterar esa solicitude para “facer pública a documentación acreditativa do baremo e criterios obxectivos utilizados para o proceso de selección das sedes”. Tamén pide que “se identifique” aos membros do Comité que fixeron a selección, as puntuacións outorgadas e as observacións para a puntuación de todas as sedes que presentaron candidatura, así como as actas e/ou documentación acreditativa do acordo polo que se aproba a valoración.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...