InicioPolíticaO BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar o uso de pirotecnia durante a celebración do próximo Fin de Ano ante os “claros prexuízos” que provoca tanto a persoas sensibles, maiores ou con diversidade funcional, como a animais domésticos e salvaxes.

Nun comunicado, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, alertou de que o ruído forte que provocan os petardos e demais material explosivo pode provocar problemas auditivos, ansiedade e cadros de tensións que afectan á saúde e á calidade de vida dos cidadáns.

Aos animais, segundo Igrexas, prodúcelles un estado de alteración que pode provocarlles crises graves e mesmo fallos cardíacos. “Non ten ningún sentido que elementos que pretenden ser de celebración e festa acaben provocando sufrimento nunha parte da nosa poboación, nos animais e tamén no propio medio ambiente polos seus efectos contaminantes”, lamentou o nacionalista.

Así, instou ao goberno municipal a que emita un bando específico destinado a limitar o uso destes artefactos en Fin de Ano, establecemento a recomendación xeral de non usalos e apostar por alternativas de menor impacto acústico.

ÚLTIMAS

O SIT-FSI volve gañar en Stellantis co 61,12% dos votos

O Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) revalidou a súa maioría no comité de empresa...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo enfróntase a 10 anos de cárcere por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...