InicioOpiniónOPINIÓN.- A gran mentira de Abel Caballero, o AVE por Cerdedo

OPINIÓN.- A gran mentira de Abel Caballero, o AVE por Cerdedo

Carlos González Armada, Enxeñeiro de Organización Industrial Perito Xudicial – Criminólogo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O 27 de abril do 2009 un diario da cidade Olivica sacaba á luz unha noticia en referencia ao AVE a Vigo por Cerdedo, e é que a Asociación Profesional de Peritos e Enxeñeiros, (a cal presidia quen subscribe este articulo), solicitaba un estudo alternativo á opción por Cerdedo, e propoñía unha alternativa por Mondariz. Na asociación de Enxeñeiros realizaramos un estudo meticuloso no que se obtiña como resultado que a opción de Mondariz reduciría o tempo de viaxe nuns 40 minutos comparándoo co traxecto a través de Santiago, e uns 25 minutos comparándoo coa citada variante de Cerdedo, sendo ademais que esta opción tamén permitiría abaratar un 28 por cento o custo do billete, así como captar máis pasaxeiros.

Trasladamos o noso parecer a Abel Caballero coa sá intención de colaborar e de que Vigo tivese un AVE directo de verdade, porque como lle afirmamos ao alcalde a opción de Cerdedo non se ía a executar nunca, xa que segundo os nosos cálculos era inviable económicamente xa que só reducía en 10 minutos o traxecto a Vigo por Santiago, e o custo da obra era de miles de millóns que o ministerio non ía gastar para un aforro de 10 minutos, e que a variante por Mondariz era máis económica e ademais reducía en 40 minutos o traxecto por Santiago, ademais de captar máis pasaxeiros, por tanto esa si era unha opción viable…Abel Caballero dixo que non a Vigo polo simple interese político de defender o que consideraba a súa proposta, e ese ego persoal e político supoñerá que o AVE directo a Vigo nunca existirá…Cerdedo nunca se executará, díxeno no 2009, e repítoo no 2024.

O mesmo diario da cidade Olivica que publico aquela proposta da nosa Asociación Profesional agora, o 26 de novembro de 2024, publicou a noticia de que o proxecto da conexión de Alta Velocidade entre Vigo e Ourense por Cerdedo, que leva vinte anos nas promesas do Goberno coa cidade, sumará outros vinte anos máis, porque existe un bloqueo administrativo, e que este bloqueo provoca que a liña non vaia a estar en servizo ata o 2042. Agora o Ministerio de Óscar Puente quere aproveitar a liña do Miño, porque o ministerio xa recoñece que a liña de Cerdedo é inasumible polo sobre-custo que supoñería unha liña chea de viadutos e túneles para un aforro paupérrimo de tempo. Sen dúbida desde o punto de vista económico a proposta do ministerio de Óscar Puente é moito mellor, pero desde o punto de vista do aforro do tempo, e da relación investimento produción, seria moito mellor a liña que na seu dia propuxemos por Mondariz.

Como Cerdedo non se vai a executar nunca, a pesar das mentiras e enganos de Abel Caballero, e a liña de Mondariz nunca obtivo unha atención real por parte do ministerio, deixemos de marear a perdiz, aproveitemos a liña do Miño, e fagamos un AVE a Vigo o mais directo posible para que Vigo deixe de ser unha cidade de segunda, ferroviariamente falando.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...