InicioPolíticaO PP de Vigo pide a gratuidade da AP-9 a Tui mentres...

O PP de Vigo pide a gratuidade da AP-9 a Tui mentres duren as obras do túnel ao Porriño

O portavoz do PP no Concello, Miguel Martín, valorou "positivamente" que o proxecto salga a información pública, pero pediu ir "moito máis alá", implantando esta "gratuidade directa" da AP-9.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP de Vigo esixiu este venres ao Goberno central que libere a peaxe da autoestrada AP-9 entre a cidade olívica e Tui mentres non entra en servizo a futura autovía en túnel ao Porriño.

Nun comunicado, os ‘populares’ reivindicaron esta medida unha vez que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable empezou ” a mostrar un mínimo de compromiso” tras “anos de inconcreciones” sobre esta infraestrutura.

O portavoz do PP no Concello, Miguel Martín, valorou “positivamente” que o proxecto salga a información pública, pero pediu ir “moito máis alá”, implantando esta “gratuidade directa” da AP-9.

Ao seu xuízo, esta mellora achegaría “tranquilidade” aos miles de condutores que cada día sofren a actual A-55, “onde os accidentes de tráfico son continuos e xeran atascos quilométricos”.

“Non é moito pedir. Se todos entendemos que este é un problema urxente de seguridade viaria, cal é o motivo para non actuar xa mesmo? O custo económico desta medida temporal, que non é tanto, non pode servir de escusa cando os usuarios desta vía levan xogándose o tipo máis de 30 anos nas perigosas curvas de Tamiega”, engadiu Martín.

ÚLTIMAS

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...