A Plataforma Auga é Vida, integrada pola Comunidade de Montes de Tameiga, as Traídas de auga afectadas e Ecoloxistas en Acción, marcaron cunha cruz aspada vermella centos de árbores da zona de monte comunal na que o RC Celta quere construir o seu complexo comercial e deportivo GS360.
Na zona afectada polo complexo comercial colocáronse tamén unhas grandes pancartas denunciado as graves afeccións que causaría aos mananciais a súa construción. Lembran que no rural galego centos de miles de familias teñen auga nos seus fogares grazas ás comunidades de traídas veciñais. Estas comunidades fan un subministro sostible dunha auga de gran calidade procedente dos mananciais que se recargan coa chuvia que recollen os montes.”Pero en Mos a auga das traídas veciñais está ameazada pola construción do complexo comercial e deportivo GS 360, que a sociedade deportiva RC Celta pretende levar a cabo nos montes comunais de Mos”, advirten.
Coa marcaxe de centos de árbores cunha cruz aspada vermella, a Comunidade de Montes de Tameiga, as comunidades de auga afectadas, máis Ecoloxistas en Acción queren alertar que a deforestación e urbanización de medio millón de metros cuadrados de terreo forestal especialmente protexido carrexará inevitablemente a contaminación e seca dos mananciais que abastecen de auga a miles de fogares. O asfaltado do monte reduce drásticamente a recarga dos mananciais por auga de chuvia e pouca que chegará arrastrará particulas o liquidos contaminantes das zonas urbanizadas.
Unha contaminación que denuncian que xa é unha realidade cando a actual superficie da ciudade deportiva xa construida é apenas unha pequena parte do complexo comercial e deportivo GS360. Lembran que as actuais instalacións da cidade deportiva teñen aberto un expediente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil por vertido ilegal.
DEFORESTACIÓN
Ademais destacan que a deforestación, que este proxecto conleva, producirá unha gran fenda no cinturón verde que proporciona osíxeno á comarca de Vigo. Por unha banda se reducirá a captura de CO2 pola talla masiva de milleiros de árbores e por outra, se incrementarán as emisións de gases de efecto invernadoiro ao ubicar nun monte unhas instalacións afastadas do núcleo urbán e provocar o desplazamento en automóbil de quen quera acceder ao complexo, xa que carece de servizo de transporte colectivo.
“A afluencia dos 10 mil vehículos diarios que anuncian no proxecto multiplicará o tráfico pola rede secundaria de carreteras da contorna. Toda esta zona rural se verá afectada imposibilitando o desenvolvemento da vida da veciñanza con normalidade e mermando a súa calidade de vida”, denuncia na súa declaración a voceira da traída de augas de Casal-Tameiga.
Poñen de relevo que os propietarios do Celta non teñen ningunha credibilidade cando falan dun proxecto social e sostible, xa que na pequena parte que levan construido destrozaron, para levala a cabo, un xacemento da idade do bronce e as actuais instalacións teñen aberto un expediente por verter augas fecais enriba dos mananciais das Traídas de auga .
“A tradición galega da xestión comunal do monte e a auga é unha figura de protección ambiental en si mesma. Por iso é tan importante conservala, e por iso é tan atacada por quen pretende convertir o noso pais enteiro en zona de sacrificio”, destaca Elena Álvarez, enxeñeira de montes e voceira de Ecoloxistas en Acción.