InicioOpiniónOPINIÓN.- O incumprimento da Lei da Memoria Democrática en Vigo: un desafío...

OPINIÓN.- O incumprimento da Lei da Memoria Democrática en Vigo: un desafío á democracia e a xustiza

Lois Pérez Leira, activista e escritor

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cidade de Vigo, segue sendo un exemplo de incumprimento da Lei da Memoria Democrática. A pesar de que pasaron un par de anos desde a súa aprobación, aínda hai rúas, placas inscricións e monumentos na cidade que lembran o réxime franquista e a súa ideoloxía autoritaria e represiva.

É de resaltar a Cruz polos Caídos do franquismo no Monte do Castro. Varias rúas como Alcalde Portanet, un comprobado corrupto franquista; a Alameda de Bouzas co nome do represor Alcalde Suárez Llanos; as inscricións falanxistas da Iglesia de Bouzas. Tambien a rúa Leopoldo  Eijo Garay, máxima autoridade católica que apoio fervientemente a Francisco Franco.

É unha ofensa a todos os vigueses e viguesas que o asasino Capitan Carrero, teña un monumento funerario na entrada do cemiterio de Pereiro. El cal foi construído con recursos municipais.

O alcalde de Vigo Abel Caballero que foi criticado polo seu inacción neste tema, demostrou unha falta de compromiso coa memoria democrática e a xustiza. A pesar das numerosas peticións e protestas da sociedade civil, o concello de Vigo non tomou medidas efectivas para cumprir coa lei e eliminar os símbolos do franquismo da cidade.

Algúns comentan que está actitude está ligada ás orixes franquistas dos seus familiares.

A Lei da Memoria Democrática é unha norma fundamental que busca recoñecer e reparar os danos causados pola ditadura franquista ás vítimas da represión e as súas familias.

A inacción do alcalde de Vigo neste tema é un desafío á democracia e a xustiza. A memoria democrática é un dereito fundamental que debe ser respectado e protexido. A eliminación dos símbolos do franquismo é un paso necesario para avanzar cara a unha sociedade máis xusta e democrática.

É hora de que o alcalde de Vigo e o concello da cidade tomen medidas efectivas para cumprir coa Lei da Memoria Democrática e eliminar os símbolos do franquismo da cidade. A sociedade civil e as vítimas da represión franquista merecen respecto e xustiza.

Lois Pérez Leira

ÚLTIMAS

Balaídos enfronta de novo a Xunta e Caballero polo camiño de Vigo ao Mundial de 2030

A Xunta de Galicia sinalou este xoves que é "difícil avanzar" nun acordo para...

Dous operarios feridos ao desprenderse parte do forxado dun edificio en obras en Vigo

Dous traballadores resultaron feridos leves na mañá deste xoves ao desprenderse parte do forxado...

A viguesa Dani Dicostas leva o pop galego ao Benidorm Fest 2027 como única candidata de Galicia

RTVE anunciou os 18 artistas que competirán pola Sirenita de Ouro na sexta edición...

García Mateo aposta por unha UVigo máis presente na cidade e conectada coa sociedade

A reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, reivindicou a importancia de...