InicioSucesosDetidas catro persoas en Vigo que apoiaban a unha banda de atracadores...

Detidas catro persoas en Vigo que apoiaban a unha banda de atracadores desarticulada en Portugal

Os presuntos atracadores, aínda que actuaban no país veciño, residían en vivendas da provincia de Pontevedra, principalmente na comarca de Arousa

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil, nunha operación conxunta coa Garda Nacional Republicana, detivo este mércores na área de Vigo a catro cidadáns españois, que actuaban como rede de apoio a unha banda internacional de atracadores que foi desarticulada hai semanas en Portugal.

Segundo informou o subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra, Abel Losada, o catro detidos este mércores daban apoio loxístico aos atracadores (dous cidadáns italianos, dous albaneses e un marroquí), con vivendas e vehículos, para que estes cometesen os atracos en Portugal.

Ademais da detención, leváronse a cabo varios rexistros en vivendas de distintos puntos da provincia, e procedeuse á incautación de máis de 100.000 euros localizados.

Os presuntos atracadores, aínda que actuaban no país veciño (con asaltos a varias xoiarías), residían en vivendas da provincia de Pontevedra, principalmente na comarca de Arousa.

Os detidos na área de Vigo serán postos este xoves a disposición da Audiencia Nacional, xa que sobre eles pesaba unha euroorden de detención.

Losada felicitou á Garda Civil e a Garda Nacional Republicana por esta operación conxunta, que “demostra a magnífica e eficaz colaboración” entre as forzas de seguridade de ambos os países.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...