InicioSucesosUn home agrede á súa parella tras chegar ebrios el e un...

Un home agrede á súa parella tras chegar ebrios el e un amigo ao domicilio

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía local de Vigo foron comisionados ás 04:55 horas deste domingo 11 de novembro para que se trasladasen a un domicilio da rúa Alcalde Gregorio Espino, onde unha muller fora agredida pola súa parella.

Chegados ao piso desde o que se solicitou o servizo, foron recibidos por unha muller de 34 anos de idade, que presentaba marcas de golpes na cara e no corpo. Manifestou aos Policías que a súa parella, co que levaba convivindo hai uns dous anos, chegara ao domicilio momentos antes, en estado ebrio e acompañado dun amigo.

Ela non quería que entrase na vivenda ningún amigo e así llo expresou á súa parella, que neses momentos comezou a discutir, agarrouna polo pelo e golpeouna tanto no rostro como no corpo.

A muller conseguiu defenderse do home, golpeándolle cunha cunca na cabeza, mentres se refuxiou na cociña, lugar desde o que requiriu o servizo policial. O home atopábase na cociña e presentaba un pequeno corte na cabeza. Os feitos determinaron a detención de D. R.V., por un presunto delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...