InicioOpiniónOPINIÓN.- Un Museo da Emigración Galega na Estación Marítima de Vigo: Unha...

OPINIÓN.- Un Museo da Emigración Galega na Estación Marítima de Vigo: Unha débeda pendente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cidade de Vigo, actual motor económico de Galicia, foi durante case dous séculos un punto de partida para miles de persoas que buscaron unha nova vida noutros lugares do mundo. A condición de porto de emigrantes, determinou o crecemento e prosperidade da cidade, converténdoa nun factor fundamental, na historia da emigración galega.

Con todo, a pesar da súa importancia histórica, a memoria desta época segue sendo fragmentada e dispersa. Por iso a creación dun Museo da Emigración Galega na Estación Marítima de Vigo, é unha necesidade imperiosa.

A Estación Marítima, que foi durante décadas o punto de partida para os emigrantes galegos, é o lugar perfecto para albergar este museo. A súa localización simboliza a conexión entre a terra natal e o destino descoñecido, e a súa historia está impregnada do espírito de sacrificio daqueles que se atreveron a deixar todo atrás. O máis querido a familia e a patria.

O museo debería ser un espazo que lembre a historia da emigración galega, desde as súas orixes ata a actualidade. Debería contar a historia daqueles que se foron, pero tamén daqueles que quedaron, e de como a emigración afectou á sociedade galega no seu conxunto.

Ademais, o museo podería ser un espazo para reflexionar sobre as consecuencias da emigración na actualidade. A globalización e a mobilidade cambiaron a forma en que nos relacionamos con outros países e culturas, pero a esencia da emigración segue sendo a mesma: a procura dunha vida mellor.
A creación deste museo non só sería un tributo á nosa historia, senón tamén un recoñecemento á contribución que os emigrantes galegos fixeron á construción da nosa sociedade. Sería un espazo para lembrar, pero tamén para aprender e reflexionar sobre o noso pasado e o noso presente.
A emigración galega contribuíu significativamente á formación da identidade cultural de Galicia. Sen coñecemento desta historia, as futuras xeracións poderían perder a conexión coas súas raíces.
A historia da emigración galega é un patrimonio cultural valioso que debe ser preservado e transmitido ás futuras xeracións. É hora de tomar medidas para evitar o seu esquecemento e asegurar que a identidade galega siga vixente, do contario durante algúns anos ninguén saberá quen foi García Barbón, Policarpo Sanz, Ramón Nieto e outros emigrantes que fixeron grande a Vigo e Galicia.
Nos EEUU o Museo da Emigración de Nova York (Ellis Island Immigration Museum) é un dos máis importantes do mundo, no seu tipo. É sen dúbida o museo máis visitado nese país. Vigo necesita alternativas culturais fronte ao fracaso do Museo da Palabra e o de Arte Contemporánea.
A creación dun Museo da Emigración Galega na Estación Marítima de Vigo é unha necesidade que non podemos pospoñer.

Lois Pérez Leira, escritor, ex político e ex sindicalista galego

ÚLTIMAS

A Garda Civil recolle pistas sobre o atropelo mortal na AP-9 en Teis

A Garda Civil continúa investigando o atropelo mortal a un home de 33 anos ocorrido na...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Investigan o atropelo mortal a un home de 33 anos na AP-9 en Vigo

A Garda Civil investiga o atropelo mortal a un home de 33 anos, veciño...

Vigo aproba o seu orzamento para 2025 cos votos a favor do PSOE e o ‘non’ de BNG e PP

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns o orzamento municipal para 2025, que...