InicioSociedadeDez policías locais de Vigo desprázanse a Paiporta para axudar ás vítimas...

Dez policías locais de Vigo desprázanse a Paiporta para axudar ás vítimas da DANA

Precisamente este martes, a representación da CUT nos Bombeiros de Vigo criticou en redes sociais a situación que viven desde hai anos, urxindo unha "solución definitiva" para ofrecer "seguridade o cidadán" e para poder traballar baixo as condicións de seguridade debidas. "Asombrados pola xestión da emerxencia en Valencia, pero non atendemos á información que nos alerta de que aquí as emerxencias están mesmo peor", lamentaron, nomeando ao alcalde olívico e a concelleiros nun tuit.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dez policías locais de Vigo desprazaranse voluntariamente esta semana a Paiporta para axudar ás vítimas da DANA que sufriu o Levante español fai xa máis de 20 días. Nun audio difundido aos medios de comunicación, o alcalde, Abel Caballero, agradeceu a estes axentes o seu traballo, explicando que estarán a prestar servizo na Comunidade Valenciana ata o vindeiro martes.

Eles viaxarán cun furgón policial e un coche patrulla, así como con diferentes medios técnicos, indicando o rexedor que as riadas tamén arrasaron co material e cos coches da Policía Local de Paiporta. Caballero lembrou que hai uns días volveron de alí os bombeiros municipais que se trasladaron ás zonas afectadas para axudar nos labores de limpeza e rescate.

Precisamente este martes, a representación da CUT nos Bombeiros de Vigo criticou en redes sociais a situación que viven desde hai anos, urxindo unha “solución definitiva” para ofrecer “seguridade o cidadán” e para poder traballar baixo as condicións de seguridade debidas. “Asombrados pola xestión da emerxencia en Valencia, pero non atendemos á información que nos alerta de que aquí as emerxencias están mesmo peor”, lamentaron, nomeando ao alcalde olívico e a concelleiros nun tuit.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...