InicioEconomíaCacerolada contra a “bochornosa” sentenza do Tribunal Supremo a favor dos bancos

Cacerolada contra a “bochornosa” sentenza do Tribunal Supremo a favor dos bancos

PUBLICADO O

- Advertisement -

“O que pasou o martes é unha vergoña e está claro que o poder fáctico da banca contrólao todo…Os bancos gañaron nos primeiros oito meses do ano máis de 13.400 millóns de euros, e queren seguir tendo beneficios, mentres todos estamos en recesión e cada vez hai máis traballadores empobrecidos. Teñen que ter beneficios porque son unha industria, pero non á conta dos consumidores”.

Así resumiu a portavoz da plataforma antidesahucios PAH Vigo-Baixo Miño, Carlota Pérez, a quen beneficia a sentenza do Tribunal Supremo que obriga aos clientes a pagar o imposto das hipotecas –taxa sobre os actos xurídicos documentados– . Por iso, esta entidade realizou unha cacerolada diante dos xulgados de Vigo para protestar contra esta “bochornosa” sentenza.

A PAH fixo un chamamento aos cidadáns a “saír á rúa” a “presionar” ante a banca e os fondos voitre, para evitar “pagar o pato”. Tamén criticou o anuncio dalgunhas entidades de que repercutirá o pago do imposto subindo os tipos de interese ás hipotecas. “Estamos nas súas mans, e o triste é que o Tribunal Supremo non defende aos cidadáns”, denunciou Pérez.

“Os bancos machucan por todos lados aos consumidores, e o que se impón é un cambio na lei hipotecaria”. Parécenos moi ben que agora fagan un real decreto, pero tiñan que facelo antes, e non vale esta solución de que pague a metade uno e a outra metade o outro”, advertiu.

ÚLTIMAS

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...

Vigo homenaxeará a Baena e Sánchez-Bravo, últimos fusilados polo franquismo: “Despois de décadas de loita, imos vendo a luz”

O Concello de Vigo homenaxeará a Xosé Humberto Baena e José Luis Sánchez-Bravo, dous...

A UVigo levará a ciencia á rúa cunha cita rápida entre investigadores e un foro sobre os incendios

A Universidade de Vigo quere sacar a ciencia dos laboratorios e levala á rúa...

Caballero insiste en que Concello e Zona Franca fan máis vivenda en Vigo que a programada pola Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este mércores a visita realizada polo presidente...