InicioSociedadeJosé Ramón Santamaría, novo presidente do Banco de Alimentos de Vigo

José Ramón Santamaría, novo presidente do Banco de Alimentos de Vigo

A elección celebrouse tras o recente falecemento do seu predecesor, Iván Martínez

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asemblea extraordinaria do Padroado da Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo elixiu por unanimidade a José Ramón Santamaría como novo presidente da entidade, tras o recente falecemento do seu predecesor, Iván Martínez.

Nun comunicado, Banco de Alimentos puxo en valor o traballo de Santamaría, que estivo vinculado á entidade desde finais de 2018 e, ata agora, era o responsable do departamento de Xestión Externa.

“Asumo este cargo cunha gran responsabilidade porque substituír a Martínez co seu éxito total de liderado supón un reto que me fai preguntar se estarei á altura dunha figura como el”, indicou Santamaría, engadindo que pretende dar continuidade “aos proxectos que el puxo en marcha”.

Este nomeamento prodúcese precisamente un mes despois do falecemento de Iván Martínez, quen foi presidente do Banco de Alimentos de Vigo durante o últimos tres anos.

O novo presidente subliñou que os próximos meses serán “moi importantes” para a Fundación, coa previsible entrada en vigor da Lei do Desperdicio Alimentario. Ademais, aínda se segue notando a extinción dos fondos europeos. Ambas as cuestións “poderían supor que a viabilidade do Banco puidese estar en dúbida”.

O seu nomeamento coincide no tempo no que a organización prepara a Gran Recollida dos próximos 22 e 23 de novembro, a campaña de maior envergadura e na que participou durante sete anos consecutivos como coordinador de supermercados.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...