InicioEconomíaA UVigo dentro do estudo internacional máis ambicioso sobre neutrinos

A UVigo dentro do estudo internacional máis ambicioso sobre neutrinos

O experimento desenvolverase entre a infraestrutura LBNF (Long-Baseline Neutrino Facility), que se atopa en construción en Illinois (EEUU), e a Instalación Subterránea de Investigación Sanford (SURF), situada a 1.500 m de profundidade en Dakota do Sur (EEUU)

PUBLICADO O

- Advertisement -

Investigadores do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (Cintecx) da Universidade de Vigo sumáronse a un equipo internacional que participa no experimento DUNE (Deep Underground Neutrino Experiment), encargado do estudo máis ambicioso ata a data sobre os neutrinos para avanzar no coñecemento do universo.

Esta participación enmárcase dentro dun acordo asinado recentemente entre o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU) e Fermilab, o Laboratorio Nacional de Aceleradores Fermi do Departamento de Enerxía do Goberno de Estados Unidos. O obxectivo é impulsar a participación de institucións españolas no experimento DUNE e colaborar na construción de detectores.

A colaboración da UVigo, representada polos científicos Enrique Casarejos (como membro do Institutional Board de DUNE), e Joaquín Collazo e Jacobo Baldonedo, investigadores principais de dous proxectos nacionais.

Neste experimento internacional participan 1.400 investidores de máis de 240 institucións de 39 países de todo o mundo, ademais da Organización Europea para a Investigación Nuclear. España representa o 4 % da colaboración e participa no proxecto desde os seus inicios en 2015, a través de grupos de investigación do Centro de Investigacións Enerxéticas, Ambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT), do Instituto de Física Corpuscular (CSIC-UV), o Instituto de Física Teórica (CSIC-UAM), o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE-USC), a Universidade de Granada e a Universidade de Vigo.

A finalidade deste experimento é medir as diferenzas entre a oscilación de neutrinos e antineutrinos para explicar a preponderancia da materia fronte á antimateria; así mesmo, buscarase detectar neutrinos xerados no colapso dunha estrela ou procedentes do Sol.

O experimento desenvolverase entre a infraestrutura LBNF (Long-Baseline Neutrino Facility), que se atopa en construción en Illinois (EEUU), e a Instalación Subterránea de Investigación Sanford (SURF), situada a 1.500 m de profundidade en Dakota do Sur (EEUU).

Por outra banda, no marco do proxecto tamén se traballa con varios prototipos de DUNE no laboratorio europeo de física de partículas no CERN.

A participación española céntrase no desenvolvemento e produción de tecnoloxías avanzadas tanto para os prototipos do CERN como para os grandes detectores argón líquido do SURF. Ademais, España contribúe na preparación do programa de física e nas ferramentas de simulación e análise de datos do experimento.

En concreto, desde a UVigo, os investigadores do Cintecx realizarán simulacións de dinámica de fluídos computacional, empregando métodos numéricos e algoritmos para resolver e analizar problemas sobre o fluxo de fluídos; das condicións de estabilidade de fase e transporte de moléculas contaminantes na cámara de argón líquido a alta presión.

ÚLTIMAS

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...

A Garda Civil recolle pistas sobre o atropelo mortal na AP-9 en Teis

A Garda Civil continúa investigando o atropelo mortal a un home de 33 anos ocorrido na...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Investigan a unha menor que realizaba prácticas nun turismo coa súa nai e o seu irmán no Porriño (Pontevedra)

A Garda Civil investiga a unha menor que foi identificada o sábado 21 de decembro ao...