InicioSucesosLocalizan nas proximidades da vía do tren en Teis o corpo do...

Localizan nas proximidades da vía do tren en Teis o corpo do exsacerdote de 85 anos desaparecido desde o luns

En concreto, segundo confirmaron desde a Policía Nacional, o achado produciuse nas inmediacións do parque da Riouxa, en Teis.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un familiar localizou na tarde deste sábado o cadáver de Ignacio Barrio González, o ancián desaparecido en Vigo desde o pasado luns, cando saíu a pasear e non regreso á residencia onde vivía. En concreto, segundo confirmaron desde a Policía Nacional e desde o CIAE 112-Galicia, o achado produciuse nas inmediacións do parque da Riouxa, en Teis. O ancián estaba nas proximidades da vía do tren, nun desnivel bastante pronunciado.

O home, que fora sacerdote e padecía demencia, residía no centro de maiores da nosa Señora da Guía. Desde alí partiu na tarde do luns a dar un paseo e non regresou. Desde o centro, ao ver que non volvía para cear, chamárono ao seu teléfono móbil, indicando o desaparecido na noite do luns que non sabía onde estaba, que vía árbores e escoitaba cans ladrar. Ao día seguinte, sobre as 12.00 horas do mediodía, tamén se puido establecer conexión con el, pasando a noite fóra. Con todo, foi a última vez que se tivo contacto, xa que a familia cre que o seu móbil quedou sen batería. Grazas á localización do móbil puido establecerse unha área de procura que foi revisada en varias ocasións, pero sen éxito.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...