InicioSociedadeInvestigan a un dos condenados pola malleira en Hernán Cortés tras ameazar...

Investigan a un dos condenados pola malleira en Hernán Cortés tras ameazar á testemuña protexida que o identificou

O xulgado de instrución 1 de Ourense investiga a Gregorio G.R polos feitos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución 1 de Ourense investiga a Gregorio G.R. como presunto autor dun delito continuado de ameazas, exercidas contra unha persoa que declarou como testemuña protexida na causa seguida contra Gregorio e outro mozo pola malleira propinada a dous mozos na rúa Hernán Cortés de Vigo, en xaneiro de 2022, procedemento do que ambos saíron condenados.

Fontes do TSXG confirmaron que o xulgado ourensán abriu dilixencias contra este home e impúxolle, como medida cautelar, a prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima, un veciño de Ourense que, no xuízo polos feitos de Vigo, declarou como testemuña protexida, e identificou a Gregorio e o seu acompañante nun vídeo gravado por unha persoa que presenciou desde a súa xanela a malleira.

O investigado logrou identificar a esa testemuña, a pesar de que declarou por vídeoconferencia, sen imaxe da súa cara e coa voz distorsionada, e agora investíganse as supostas ameazas a el e a súa familia. Ademais, o prexudicado denunciou tamén unha suposta agresión o pasado mes de agosto nun local de lecer.

Gregorio G.S. e Adrián S.H. foron condenados pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra a 5 anos e tres meses de cárcere, e a 4 anos e tres meses de cárcere, respectivamente, como coautores dun delito de lesións con deformidade, coa agravante de abuso de superioridade, e dun delito leve de lesións. Ademais, o tribunal impuxo a cada un deles unha multa de 360 euros e o pago solidario de indemnizacións que sumaban máis de 20.000 euros.

A Audiencia viu probado que ambos os acusados, na madrugada do 30 de xaneiro de 2022, mantiveron unha discusión con dous mozos na rúa Hernán Cortés de Vigo e propináronlles unha malleira ata que os deixaron semiinconscientes. O peor parado foi un dos mozos, que unha vez no chan indefenso, foi golpeado por Gregorio na cabeza e a cara.

TESTEMUÑA PROTEXIDA

Na vista declarou como testemuña protexida un veciño de Ourense (denunciante agora na causa por ameazas) que, ao ver o vídeo da malleira, gravado por un veciño da rúa Hernán Cortés e difundido por varios medios de comunicación, contactou coa Policía para identificar a Gregorio e Adrián como os agresores. “Estou seguro ao cento por cento”, sinalou na vista.

A testemuña explicou que se decidiu a informar á Policía porque vira nos medios de comunicación que se detivo a outra persoa pola súa implicación na malleira, unha persoa que chegou a ingresar en prisión provisional, pero foi liberado e exculpado. Esta testemuña achegou ás investigadores fotografías de redes sociais dos acusados noutros momentos, nas que se lles vía coas mesmas pezas de roupa que as que levaban nese vídeo.

Ademais, na súa sentenza condenatoria, a Audiencia expuxo: “E este Tribunal pode corrobar que, tras ver durante horas aos acusados nas distintas sesións do xuízo oral, ningunha dúbida ten enque son eles os dous agresores que aparecen nas imaxes do vídeo, sendo a persoa máis alta, que propina as patadas finais, e o máis baixo, vestido cun chaquetón claro que o acompaña”. A iso súmase que os teléfonos móbiles dos acusados situáronos na zona e no momento en que se produciu a agresión, aínda que as vítimas non foron capaces de recoñecer aos atacantes no xuízo.

ÚLTIMAS

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...

Auxilian en Vigo a un home de 50 anos que entrou en parada cardiorespiratoria en plena rúa, resultando falecido

Os profesionais de emerxencias auxiliaron na tarde deste xoves en Vigo a un home duns...

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...