InicioSociedadeCondenado a case 6 anos de cárcere o home acusado de tentar...

Condenado a case 6 anos de cárcere o home acusado de tentar violar a unha peregrina alemá nun hotel da cidade

Os feitos ocorreron á primeira hora da mañá do 11 de xuño do ano pasado, e a Audiencia considera acreditado que o acusado, natural de Portugal, entrou na habitación da vítima cando esta durmía, vestido só cun calzón e cun preservativo, "con intención de ter relacións sexuais con penetración".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a penas que suman case seis anos de cárcere a Nálio B.G., xulgado por tentar agredir sexualmente a unha peregrina alemá no hotel da cidade olívica no que ambos estaban hospedados. Os feitos ocorreron á primeira hora da mañá do 11 de xuño do ano pasado, e a Audiencia considera acreditado que o acusado, natural de Portugal, entrou na habitación da vítima cando esta durmía, vestido só cun calzón e cun preservativo, “con intención de ter relacións sexuais con penetración”.

Desde o primeiro momento, a muller ofreceu gran resistencia e tratou de saír da habitación, pero o acusado empuxouna e tirouna ao chan, tapándolle a boca con gran forza e tentando mesmo apertarlle o pescozo. Finalmente, ante os berros da vítima acudiron outros hóspedes e ela logrou escapar do dormitorio, mentres que o acusado fuxiu pola xanela, descendendo varios pisos pola fachada ata volver entrar ao hotel polo primeiro piso.

A sala considera crible o relato da muller, que en todo momento mantivo a súa versión e recoñeceu no plenario que chegou a temer pola súa vida, mentres que non ve acreditado que o acusado estivese bébedo, tal e como alegou no xuízo, no que xustificou que agarrou á muller porque esta gritou e el entrou “en pánico”. Ademais, tamén basea a súa condena nos testemuños das testemuñas e outras probas, como a presenza de ADN do acusado na funda do edredón da cama ou nos restos de sangue baixo as uñas da muller. A sala rexeita aplicar as atenuantes de embriaguez e de confesión (xa que o acusado negou no xuízo o intento de agresión sexual), aínda que tampouco ve probada a circunstancia agravante de abuso de superioridade.

Por estes feitos, condenou ao procesado a 5 anos de cárcere por un delito tentado de agresión sexual con acceso carnal empregando violencia, e a 9 meses de prisión por un delito de lesións. Así mesmo, imponlle a inhabilitación para exercer oficio que implique relación con menores durante 9 anos, e a prohibición de comunicarse ou achegarse á vítima polo mesmo tempo. Igualmente, establece a medida de liberdade vixiada durante 3 anos para cando o home salga do cárcere, e deberá indemnizar á prexudicada en 7.650 euros. A sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación.

ÚLTIMAS

Protesta de miles de persoas en Vigo para esixir á Xunta que contrate máis profesores

Miles de persoas manifestáronse na tarde deste mércores en Vigo para esixir á Xunta...

A Xunta di que finalizou a intervención do servizo de ambulancias da área de Vigo tras adxudicar os contratos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a resolución pola que se deixa sen...

Abel Caballero ameaza con ir aos tribunais polo “escurantismo” da decisión de excluír á cidade como sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ameazou este martes con acudir aos tribunais ante o...

Condenan a 16 meses de cárcere por saltar unha orde de afastamento e agredir sexualmente á súa exparella en Vigo

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a penas que suman 16...