InicioPolíticaO Concello de Vigo recibe á muller ameazada de desafiuzamento: "Facemos unha...

O Concello de Vigo recibe á muller ameazada de desafiuzamento: “Facemos unha política real”

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Hoxe martes unha traballadora social do Concello de Vigo recibiu á señora que tiña unha ameaza de desafiuzamento, e nesa reunión decidiuse a asignación dunha axuda de emerxencia para distintos fins e reiteróuselle o ofrecemento dunha axuda de aluguer para o piso que ela busque”, sinalou en rolda de prensa Carlos López Font, concelleiro socialista.

“Estamos a concluír o proceso de pago do cheque social ás familias que o necesitan, xa só quedan 30 solicitudes pendentes ás que se lle atenderá igualmente. En 2018 entregamos 5.611 axudas a un total de 1.937 solicitantes. En alimentación, por tarxetas da dignidade, 1.937, en enerxía outras 1.937, e en vivenda igual, para aluguer ou pago de hipoteca”, enumerou.

“2.532.000 euros de política social. É o orzamento social máis importante de España”, asegurou Font en rolda de prensa: “Facemos unha política social real, que chega aos vigueses. Os de Marea de Vigo danlle pisos aos seus amigos en Coruña e nós aos vigueses que máis o necesitan”.

De feito, Font aproveitou para atacar a Marea de Vigo dun xeito que recorda a como falan do PP no Concello: “Sempre están en contra desta cidade, de que esta cidade evolucione e de que lle vaia ben. Recordo que xa estiveron en contra de Citroën e estou seguro de que lles encantaría que a este concello lle fora mal economicamente e estivese na ruína. Moléstalles e moito que a operación do concello co auditorio fose excelente para a cidade de Vigo e para os vigueses”.

Acampada contra a pobreza na praza do Rei/ Miguel Núñez

O relatado por Font, non obstante, contrasta coa situación da Acampada contra a Pobreza, que levan máis de ano e medio agardando para ser recibidos polo Concello.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...