InicioSucesosSituacións de tensión en Vigo tras quedar xente atrapada en ascensores por...

Situacións de tensión en Vigo tras quedar xente atrapada en ascensores por avería eléctrica

Entre os afectados, un equipo do 061 que acudía a unha emerxencia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O 112 Galicia recibiu á primeira hora da mañá deste luns varias chamadas de auxilio de persoas que se quedaron atrapadas en ascensores en varias rúas da contorna da Gran Vía de Vigo, probablemente por unha avaría eléctrica que afectou a esa zona.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, os avisos chegaron entre as 7,30 e as 8,00 horas da mañá, desde puntos próximos á Gran Vía, como as rúas Barcelona, Zamora, ou María Berdiales, onde se bloquearon varios ascensores. Nalgún dos casos solicitábase asistencia médica porque algúns afectados comezaran a sentirse mal e, entre as persoas atrapadas, tamén había un equipo médico do 061 que acudía un domicilio a atender unha emerxencia.

O 112 avisou á Policía Local, Policía Nacional, Bombeiros de Vigo e 061. No caso dos servizos sanitarios, foron alertados porque, nun dos casos, unha persoa maior comezara a sufrir taquicardia, e noutra das emerxencias, a persoa atrapada deixara de falar alén do ascensor.

Nun ascensor dun edificio de cálea María Berdiales quedou atrapado un equipo médico que acudiu a atender unha situación urxente a un domicilio. Nese caso, tiveron que ser relevados por outro equipo en UVI móbil para poder realizar ese servizo urxente.

Paralelamente a estas emerxencias, sobre as 7,30 horas, o 112 Galicia recibiu unha chamada que alertaba sobre chispazos e pequenas explosións nun transformador de enerxía eléctrica soterrado e situado na rúa Gran Vía. Así mesmo, sobre as 8,00 horas, outra chamaba sinalaba que había problemas na subministración eléctrica con repercusión no servizo de elevadores de distintos puntos próximos a esa rúa

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...