InicioSociedadeO encargado dunha empresa de Vialia acusado de acoso laboral nega os...

O encargado dunha empresa de Vialia acusado de acoso laboral nega os feitos e alega que o traballador “non cumpría”

A Fiscalía sostén que se dirixía ao empregado con termos como "subnormal" ou "mediocre".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O encargado dunha empresa de mantemento que presta servizo no centro comercial Vialia de Vigo, acusado por un delito de acoso laboral, sentouse este mércores no banco da sala do Penal 2 de Vigo, e negou insultar ou ameazar ao traballador que o denunciou, sobre quen explicou que “non cumpría coa súa tarefa”. A vítima relatou situacións de fustrigación, ameazas e insultos practicamente desde o momento en que comezou a traballar con esta persoa. Segundo a súa versión, o encargado dirixíase a el con expresións como “subnormal”, “atrasado mental” ou “mediocre”, e ameazábao con despedilo.

Así, explicou que lle obrigaba a reportar sobre as súas tarefas “cada cinco minutos”, que lle modificaba as ordes de traballo e que chegou a ter varios encontróns con el. Segundo explicou, trasladou a situación primeiro á empresa e logo a Inspección de Traballo, ata que denunciou ao encargado ante a Policía. “Deume un ataque de ansiedade, non podía máis”, afirmou, tras explicar que o seu médico de cabeceira tívolle que receitar ansiolíticos porque non podía sequera conciliar ben o soño. O denunciante tamén afirmou que o encargado era especialmente hostil con el porque, “xa desde o primeiro día”, pediulle que non o insultase nin se dirixise a el en mal ton.

TRABALLADOR QUE “NON CUMPRÍA”

Pola súa banda, o acusado, que declarou ao final da vista, matizou que “non é de todo certo” o relato realizado polo traballador. Segundo declarou, o denunciante dirixíase a el de forma “arrogante, despectiva e provocativa”. Así mesmo, explicou que tivo conflitos con el porque era un empregado que “non cumpría co seu traballo” e que por iso tiña que estar pendente, xa que se negaba a reportar as tarefas, e “pasaban horas” sen que soubese a que se estaba dedicando.

O acusado recoñeceu que lle dixo “algunha cousa” en momentos “puntuais” debido aos nervios e á presión propia do seu labor como encargado, xa que tiña que vixiar o cumprimento das tarefas e organizalas. Con todo, negou que ameazase con despedilo. Ademais, criticou que este e outro traballador, que tamén lle denunciou, están “compinchados”, pero insistiu en que el é unha “persoa tranquila” que non se dedica a “lanzar insultos” contra os empregados acotío. A Fiscalía pide para el penas que suman un ano e medio de prisión por un delito de acoso laboral e un de lesións (por un episodio no que supostamente colleu polo peito ao denunciante); e reclama que indemnice ao traballador en algo máis de 7.000 euros.

ÚLTIMAS

Detido un conductor tras morrer outro nunha suposta pelexa por un accidente de tráfico na A-55, en Mos

Un home de 54 anos perdeu a vida na tarde deste pasado domingo en...

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...