InicioPolíticaO BNG ve "innecesario" o túnel de Elduayen e alerta dun posible...

O BNG ve “innecesario” o túnel de Elduayen e alerta dun posible “uso indebido” de fondos europeos

Ana Miranda dirixiu unha pregunta á Comisión Europea precisamente sobre esta obra

PUBLICADO O

- Advertisement -

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, alertou a Bruxelas dun posible “uso indebido” de fondos europeos para a ampliación do túnel de Elduayen, en Vigo, o cal considera “innecesario”.

Así, a nacionalista dirixiu unha pregunta á Comisión Europea precisamente sobre esta obra en Porta do Sol da cidade olívica e sobre o posible uso indebido de fondos para a construción da devandita infraestrutura.

Segundo recolle o BNG nun comunicado, Miranda apunta que desde que inicialmente se comezou o proxecto en 2020, cunha licitación inicial de 13,4 millóns de euros, o custo da obra executada elevouse ata os 16,6 millóns.

“Pero previsiblemente o custo das obras aumentará, xa que as últimas informacións sinalan a que a ampliación do túnel ata Torrecedeira custará 20 millóns de euros, o que suporía un sobrecusto do 63% sobre a contía prevista inicialmente”, indicou.

“Dado que neste catro anos puxéronse en marcha alternativas ao tráfico nesta zona, de xeito evidente parece que a construción deste túnel é innecesaria e superflua, ademais dun gasto inútil”, sinalou Miranda, lembrando que un dos obxectivos da Axenda Verde Europea é reducir o uso dos vehículos privados no centro das cidades.

Ela sinalou que as obras están supeditadas a un aumento do financiamento que levará a cabo mediante unha reprogramación dos fondos europeos “e non en aras de mellorar a calidade do aire dunha cidade que supera xa os límites leais de contaminación da UE para 2030”.

Na mesma liña falou o portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Iglesias, que cuestionou que o goberno local pretenda “enterrar un total de case 40 millóns de euros nun macrotúnel” que se demostrou que é “absolutamente innecesario”.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...