InicioEconomíaConcentracións simultáneas de traballadores de Stellantis e industrias provedoras en defensa dun...

Concentracións simultáneas de traballadores de Stellantis e industrias provedoras en defensa dun sector da automoción “gravemente ameazado”

O secretario nacional de CIG Industria, Xoán Xosé Bouzas, sinalou que son "intolerables" os anuncios das empresas e das distintas administracións sobre o sector, mentres se produce "unha baixada na fabricación do vehículo eléctrico, ao que fiaron o futuro da automoción".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores do sector da automoción concentráronse este martes de forma simultánea ante empresas desta industria en Vigo, Pontevedra e Ourense, para defender esta actividade e alertar contra as “graves ameazas” que sobrevoan o sector debido á “parálise na industria do coche eléctrico, o escurantismo de Stellantis e a falta de política industrial da Xunta”. As mobilizacións tiveron lugar entre as 13.00 e as 14.00 horas, coincidindo cos cambios de quenda, ás portas de 24 empresas, tanto de Stellantis como de provedores e industria de compoñentes.

O secretario nacional de CIG Industria, Xoán Xosé Bouzas, que participou na concentración ás portas da planta de Stellantis en Vigo, explicou que a acción reivindicativa forma parte da campaña do sindicato en defensa do sector, e que pretende sensibilizar aos traballadores sobre a situación. Segundo sinalou, son “intolerables” os anuncios das empresas e das distintas administracións sobre o sector, mentres se produce “unha baixada na fabricación do vehículo eléctrico, ao que fiaron o futuro da automoción”.

Respecto diso, referiuse ás “constantes paradas” na fábrica de Balaídos, que “auguran unha nova onda de despedimentos, ERE e ERTE”. Insisten en que “os custos laborais son moi altos, pero o certo é que os beneficios empresariais están disparados”, denunciou Xoán Xosé Bouzas. Nese sentido, alertou de que as empresas só perseguen conseguir máis axudas públicas, polo que a CIG “seguirá reclamando que a concesión de subvencións se vincule ao mantemento do emprego e das condicións laborais”. Igualmente censurou o “silencio cómplice” das compañías co “escurantismo” de Stellantis e a falta de plan industrial da Xunta, que “ameazan a supervivencia” do sector.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...