InicioSucesosPiden nove anos de cárcere para un home por tentar violar a...

Piden nove anos de cárcere para un home por tentar violar a unha turista nun hotel de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Ponteveda acolle este mércores un xuízo contra un home, de nacionalidade portuguesa, para o que Fiscalía solicita case nove anos de cárcere por tentar violar a unha turista alemá nun hotel de Vigo.

Os feitos, segundo consta no escrito do Ministerio Público, ocorreron o 11 de xuño de 2023. Sobre as 7.30 horas da mañá, o acusado accedeu á habitación da muller, “de forma que non consta”, vestindo soamente uns calzóns e levando un preservativo.

Mentres a vítima durmía, sempre segundo o relato da Fiscalía, achegouse a ela e, cando fixo que se espertase, agarrouna. En todo momento, a muller opuxo “forte resistencia” e tentou saír do cuarto, pero o home “iniciou un forcejeo” e suxeitouna.

O acusado chegou a tirala ao chan, taparlle a boca e apertarlle o pescozo para que non gritase. Con todo, ante a defensa exercida pola vítima e os seus berros de auxilio, conseguiu finalmente saír da habitación.

Como consecuencia destes feitos, a muller sufriu varias feridas que precisaron 40 días de curación. O acusado foi detido e desde o día seguinte atópase en prisión provisional.

Por todo o exposto, a Fiscalía solicita para o home unha pena de prisión de case nove anos: seis anos menos un día polo delito de agresión sexual con penetración (violación) en grao de tentativa; máis outro tres anos polo de lesións.

Ademais, solicita que indemnice á vítima nun total de 31.650 euros e que non poida comunicarse con ela nin aproximarse a menos de 200 metros dela nin de ningún lugar que frecuente durante 10 anos.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...