InicioSucesosTres anos por estamparlle un vaso de cristal na cara a outro...

Tres anos por estamparlle un vaso de cristal na cara a outro en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Audiencia de Pontevedra condenou a 3 anos de prisión a un cidadán paraguaio, Adrián Gustavo G.P., como autor dun delito de lesións que causan deformidade, nunha vista de conformidade celebrada este martes en Vigo.

A Fiscalía pedía inicialmente 5 anos e tres meses de prisión para o procesado que, segundo o escrito do ministerio público, na madrugada do 21 de outubro de 2023, agrediu á vítima estampándolle un vaso de cristal na cara, cando ambos se atopaban nunha discoteca da cidade olívica.

Finalmente, e tras un acordo, Adrián Gustavo aceptou a pena de 3 anos de prisión, dos que cumprirá un máximo de dous anos, e do que se informará á autoridade gubernativa, xa que o acusado está en España en situación irregular.

Ademais da pena de prisión, a Audiencia impúxolle o pago de indemnizacións que suman máis de 14.500 euros, polas lesións causadas, as intervencións cirúrxicas que tivo que padecer a vítima e as secuelas.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...