InicioVigo e contornaVigoCaballero ironiza sobre Rueda: "Que bondadoso é que só nos vai subir...

Caballero ironiza sobre Rueda: “Que bondadoso é que só nos vai subir o 40 % a taxa de lixo!”

Abel Caballero tamén apuntou que esa subida do 40 % aplicarase "despois da magnánima intervención do presidente da Xunta", e que o goberno galego "segue querendo esquilmar a Vigo"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ironizou este xoves sobre o anuncio feito polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de que a administración autonómica asumirá o 60 % da subida do canon de Sogama: “Que bondadoso é o presidente da Xunta, que só nos vai a subir o 40 %!”.

Nun audio remitido aos medios, o rexedor lembrou que o presidente da Xunta “dixo que a taxa de lixo en Vigo só vai subir o 40 %”. “Ai, que risa!”, proclamou Caballero, quen lembrou que o PP criticou a subida de impostos anunciada polo goberno municipal para 2025, cando o incremento é de “un módico” 4 %.

Abel Caballero tamén apuntou que esa subida do 40 % aplicarase “despois da magnánima intervención do presidente da Xunta”, e que o goberno galego “segue querendo esquilmar a Vigo”. “Rueda só entende Vigo para levar o diñeiro da cidade”, ha denuciado, e recalcou que debe ser a Xunta a que asuma a totalidade do incremento do canon de Sogama, xa que é responsable da súa “ineficaz” xestión.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...