InicioEconomíaTraballadores de ambulancias decidirán o venres se van á folga tras varios...

Traballadores de ambulancias decidirán o venres se van á folga tras varios despedimentos

Os sindicatos CIG, CC.OO. e USO denunciaron que ante o cambio de concesionaria, a anterior empresa (Ambulancias do Atlántico) realizou "polo menos sete despedimentos", "varias non renovacións" e provocou outras "incertezas" que afectan ao persoal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os traballadores das ambulancias de transporte non urxente (dos hospitais) de Vigo están convocados este venres a unha asemblea para decidir se van á folga, tras os despedimentos de varios empregados, unha vez que se formalizou o cambio de concesionaria deste servizo. Os sindicatos CIG, CC.OO. e USO denunciaron que ante o cambio de concesionaria, a anterior empresa (Ambulancias do Atlántico) realizou “polo menos sete despedimentos”, “varias non renovacións” e provocou outras “incertezas” que afectan ao persoal.

Segundo sinalaron, xa advertiran ao Sergas de que as listas de subrogación de persoal “viñan con deficiencias e ausencias”, que os representantes dos traballadores interpretaron con erros cometidos “con mala fe” polo empresario saínte “como medida de represalia”, xa que os afectados son afiliados ou afíns a estes sindicatos. 

Por outra banda, tras manter unha reunión cos responsables da nova concesionaria (Emerxencias Sanitarias Saluser UTE2), lamentaron que non viron “vontade suficiente para solucionar esta situación”. Estes sindicatos deron de prazo á nova concesionaria ata o venres, e convocaron ao persoal a unha asemblea ese día a última hora, para informar do ocorrido, non só dos despedimentos, senón da situación do servizo, a falta de subministracións, de EPIs, e outras cuestións, e advertiron de que non descartan convocar folga indefinida.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...