InicioEconomíaA segunda mellor vendima da historia de Galicia, dominada polo albariño da...

A segunda mellor vendima da historia de Galicia, dominada polo albariño da D.O. Rías Baixas

PUBLICADO O

- Advertisement -

As cinco denominacións de orixe en Galicia recolleron na última vendima máis de 64 millóns de quilos de uva, dos que o 83,5% corresponde a variedades brancas (máis de 53 millóns de quilos) e o 16,5% a variedades tintas (máis de 10 millóns de quilos).

Unhas cifras que sitúan a vendima de 2018 como a segunda máis abondosa da historia, só por detrás da de 2011, e colócase un 9,7% por riba da media do decenio 2009-2018. A produción de uva foi superior nun 4,3% con respecto ao ano anterior, pasándose de 61 millóns de quilos a 64 millóns.

Batendo as uvas na vendima 2018-2019/ Enrique Martínez

Por denominacións de orixe, Rías Baixas foi a que máis uva recolleu cun amplo marxe (o 60%), seguida polo Ribeiro (14%), Ribeira Sacra (case o 10%), Valdeorras (7%) e Monterrei (case o 9%).

No que respecta ás variedades, aquelas de cultivo tradicional, potencialmente produtoras de viño de calidade, seguen ocupando un peso fundamental no conxunto da vendima: a albariña representa un 71% da uva branca total; a treixadura e o godello supoñen, respectivamente, máis dun 10% da uva branca total; e a mencía comprende case o 80% da uva tinta total.

Batendo as uvas na vendima 2018-2019/ Enrique Martínez

Tras Rías Baixas atópase a denominacións de orixe Ribeiro, a segunda en canto a volume colleitado (case 9 millóns de quilos de uva). E a terceira denominación que máis uva recolleu é a de Ribeira Sacra, con máis de 6 millóns de quilos; unha cantidade que supón case un 12% máis que o ano pasado e un 9,5% por riba da media do período 2009-2018.

A de Valdeorras tamén aumentou a súa produción este ano, ao recoller máis de 4 millóns de quilos de uva. E a de Monterrei, que recolleu máis de 5 millóns de quilos de uva, experimentou o maior incremento –case un 94 % con respecto ao ano anterior– e, de feito, esta colleita representa un 173 % da media das colleitas dos últimos dez anos.

Proceso de inclusión da cortiza/ Enrique Martínez

En total, na vendima deste ano, participaron un total de 447 adegas e máis de 10.300 viticultores.

As cinco denominacións de orixe comercializaron na última campaña máis dun 7% de viño cualificado que na anterior. E, na campaña 2016-2017, comercializaron no mercado exterior case 78.000 hectolitros, un 18,2% da produción total comercializada, o que supón un valor económico de case 40 millóns de euros.

Bodega en Arbo/ Enrique Martínez

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...