InicioVigo e contornaO PorriñoRescatado un traballador que caeu nun depósito de pinturas no Porriño

Rescatado un traballador que caeu nun depósito de pinturas no Porriño

PUBLICADO O

- Advertisement -

Efectivos de emerxencias rescataron na tarde deste mércores no Porriño a un operario que caera nun depósito de pinturas tras sufrir un desmaio.

Foi un particular o que avisou ao 112 sobre as 16,00 horas. No seu relato, contou que un traballador dunha nave do Polígono das Gándaras habíase desmayado e, como consecuencia, caera ao interior dun tanque de pinturas.

De inmediato foron mobilizados efectivos sanitarios do 061, así como os Bombeiros do Porriño, a Garda Civil, Policía Local e membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Unha vez no punto, os Bombeiros puideron rescatar ao home empregando materiais específicos. O persoal sanitario trasladouno despois ao centro de referencia.

OPERARIO FERIDO EN GONDOMAR

Tamén esta tarde, pouco antes das 17,30 horas, un particular comunicaba ao 112 a caída dun traballador dunha nave situada na estrada Gondomar-O Porriño, en Vincios.

Ata o lugar acudiu persoal sanitario do 061, efectivos de Protección Civil de Valmiñor e axentes de Policía Local e Garda Civil, que puideron determinar que o operario caera desde o tellado da nave.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...