InicioSucesosDetidos en Vigo dous ladróns dentro dun piso mentres roubaban

Detidos en Vigo dous ladróns dentro dun piso mentres roubaban

A Policía Nacional detivo 'in fraganti' na madrugada deste pasado martes en Vigo a dous homes que entraran a roubar nun piso da zona das Travesas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo ‘in fraganti’ na madrugada deste pasado martes en Vigo a dous homes que entraran a roubar nun piso da zona das Travesas.

Foi unha testemuña o que alertou sobre as 04.00 horas ao escoitar ruídos nunha vivenda na que non debería haber ninguén ao atoparse os moradores noutra localidade.

Unha vez no punto, os axentes puideron comprobar que a porta da vivenda non presentaba a fechadura forzada, aínda que non estaba a chave pasada e había ruído dentro.

Ao constatar cos propietarios que dentro non debería haber ninguén, entraron na vivenda, atopándolla completamente revolta e os ladróns nunha das estancias.

Os homes levan consigo unha navalla multiusos, unha ganzúa e uns 600 euros en efectivo. Ambos foron detidos e pasaron este mércores a disposición do Xulgado de Instrución número 5 de Vigo. Na actualidade, continúanse as xestións para determinar a súa posible implicación noutros roubos.

ÚLTIMAS

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...

A PLISAN estréase como área de apoio loxístico para o tráfico de vehículos do Porto de Vigo

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, informou este venres ao Consello...

Ata oito nenos feridos nun accidente entre un bus escolar e un camión en Vigo

Polo menos oito persoas resultaron feridas leves na mañá deste venres ao rexistrarse un...

Feijóo, o candidato que tivo que borrar a hemeroteca para falar de xestión

Por Pedro de CastroNo debate a catro do 26 de novembro, Alberto Núñez Feixóo...