InicioEconomíaA Xunta destinará 700.000 euros a subvencionar a rehabilitación dun edificio do...

A Xunta destinará 700.000 euros a subvencionar a rehabilitación dun edificio do Paseo Alfonso XII para pisos turísticos

Apoia tamén a rehabilitación do mosteiro de Oia e dos faros de Cabo Silleiro, no Camiño Portugués da Costa, para dotalos de usos turísticos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou este xoves dos proxectos beneficiarios da liña de axudas convocadas por Turismo de Galicia para apoiar iniciativas “tractoras” que supoñan a rehabilitación con usos turísticos de lugares singulares do Camiño de Santiago. Segundo anunciou, trátase de subvencións deseñadas no marco do ‘Plan Xacobeo Next Generation’, que contaron cun investimento de 5,3 millóns e que supoñen dotar de uso hostaleiro e de restauración o mosteiro de Oia, así como a rehabilitación en Cabo Silleiro (Baiona) do faro pequeno para acoller un restaurante e do faro grande para acoller un hotel e un restaurante.

En Vigo, ademais, contémplase a rehabilitación integral dun edificio do Paseo Alfonso XII para acoller apartamentos turísticos. O proxecto aprobado é o presentado por Fyneko Real State Investiment Trust, que expón unha rehabilitación integral dun inmoble cunha planta baixa e tres plantas e baixo cuberta, do que se conservan só as fachadas e os muros interiores que configuraban a caixa da escaleira orixinal. O proxecto, segundo destaca a Xunta, busca “impulsar a economía local” e promover a excelencia na oferta turística, polo que a empresa presenta acordos con diversas entidades privadas locais de restauración e gastronomía, e levaron a cabo negociacións cunha ampla gama de restaurantes, bares e empresas de catering locais. A subvención supera os 699.000 euros (o 35 % por cento do investimento).

A MAIOR SUBVENCIÓN PARA O MOSTEIRO DE OIA

A resolución da Xunta inclúe un proxecto concedido á empresa Residencial Mosteiro de Oia S.A., que suporá dotar o mosteiro de restaurante cunha axuda de 1,8 millóns de euros. Tamén se aprobou o proxecto para establecemento hoteleiro de 4 estrelas no mosteiro de Oia, neste caso 2,2 millóns, e que prestará os seus servizos aos hóspedes aloxados e público en xeral.

No caso de Cabo Silleiro, subvencionarase un proxecto presentado por Lighthouse Baiona para a rehabilitación do antigo faro pequeno de cabo Silleiro para a posta en marcha dun establecemento de restauración coa categoría de 1 tendor. Búscase recuperar a imaxe primitiva e que dea servizo aos visitantes e peregrinos do Camiño Portugués da Costa. A axuda é de 165.477 euros.

Tamén en Cabo Silleiro, no Faro Grande, aprobouse un proxecto de rehabilitación para hotel e restaurante. O edificio destinouse a faro, está en funcionamento e pertence á rede de sinalización da ría de Vigo, propiedade da Autoridade Portuaria de Vigo. Prevese que poida ter 17 cuartos dobres cun total de 34 prazas e a subvención superará os 412.000 euros.

MONDARIZ-BALNEARIO

O Goberno galego tamén autorizou a firma dun convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e o Concello de Mondariz-Balneario co que se contribuirá a mellorar as instalacións deportivas municipais para reforzar o municipio como destino de turismo deportivo sustentable. O convenio conta cun orzamento de 483.637 euros, dos que Turismo de Galicia achega 180.000 euros nos anos 2024 e 2025.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...