InicioSucesosO goberno local di que desautorizou o uso do Saltamontes antes do...

O goberno local di que desautorizou o uso do Saltamontes antes do accidente mortal por falta de documentación

Nun comunicado enviado aos medios de comunicación, asegura que tanto o dono da atracción como a comisión de festas tiveron notificación escrita da "falta de autorización" por non atender os requirimentos de documentación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo asegurou este luns que desautorizou o uso do Saltamontes antes do accidente mortal da pasada fin de semana por falta de documentación necesaria para o seu funcionamento. Nun comunicado enviado aos medios de comunicación, o goberno local saíu ao paso despois de que pasasen tres días desde a traxedia para indicar que xornadas previas ás festas trasladáronselle ao titular da atracción varios requirimentos coa documentación que tiña que achegar para o seu uso.

“Ao mesmo tempo, envióuselle á comisión de festas a resolución onde indicaba que a documentación resultaba incompleta para o exercicio da actividade, polo que se declaraba comunicación non conforme“, subliñou o Concello. Segundo engade, tanto o dono da atracción como a comisión de festas tiveron notificación escrita da “falta de autorización” por non atender os requirimentos de documentación.

No seu relato dos feitos, o goberno local explica que a organización das festas de Matamá solicitou a ocupación temporal do viario público para os eventos festivos, o cal está suxeito a control e autorización previa municipal. Por iso, o Concello rexistrou cada unha das atraccións, xerando un expediente particular para cada unha delas, no cal o particular da mesma debe achegar o proxecto técnico, o manual de funcionamento e o libro de operacións. No caso do Saltamontes, trasladáronselle ao seu dono varios requirimentos de documentación para que achegase e, debido a que non foron achegados, notificouse a falta de autorización para o seu uso, sempre segundo asegura o goberno local.

FEITOS

Na madrugada do venres para o sábado, 3 de agosto, un mozo de 35 anos faleceu na parroquia viguesa de Matamá tras romper un brazo dunha atracción de feira e quedar encaixado na estrutura. Este luns, o home, veciño de Vigo e natural de Viana do Bolo, será enterrado a partir das 19.00 horas na devandita localidade ourensá. Antes, pola mañá, levouse a cabo unha misa homenaxe e un minuto de silencio no seu recordo en Matamá.

O BNG ACUSA AO CONCELLO DE “DIRIXIR AS CULPAS” Á COMISIÓN

O BNG de Vigo acusou ao goberno local de tratar de “evitar asumir ningunha responsabilidade” do accidente mortal indicando que “parece que o único que busca” é “dirixir as culpas” á comisión. O portavoz do BNG de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, asegurou que “máis que respostas o que xera son máis preguntas” sobre as circunstancias do tráxico accidente.

Así, en declaracións remitidas aos medios de comunicación, Igrexas cuestiona por que o Concello emitiu unha notificación (na que supostamente desautorizaba o uso do Saltamontes sinistrado) cando as festas xa se iniciaron dous días antes. “Cando o goberno municipal di que foi comunicada a denegación de permiso á comisión de festas, conta con acuse de recepción desa resolución? E o máis importante, se o Saltamontes non contaba con autorización, por que non foi precintada pola Policía Local?”, engadiu Igrexas. Por todo iso, Igrexas criticou o “silencio” do goberno local durante os últimos días e asegurou que parece que o “único que busca” agora é non asumir responsabilidade e dirixir as culpas á organización do evento.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...