InicioSucesosTráxico suceso nas festas de Matamá: falece un home tras desprenderse o...

Tráxico suceso nas festas de Matamá: falece un home tras desprenderse o brazo da atracción do saltamontes

A comisión de festas suspende toda a programación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 36 anos perdeu a vida nas festas de Matamá, en Vigo, tras desprenderse o brazo da atracción do saltamontes e quedar atrapados. O suceso produciuse sobre as 02.00 horas deste sábado na rúa de Manuel Cominges. O home, segundo informaron fontes policiais, resultou ferido de gravidade e faleceu no punto.

Testemuñas presenciais sinalaron que a atracción se atopaba dando marcha atrás cando un dos brazos rompeu e o habitáculo caeu contra o chan. No momento do sinistro estaba a actuar Kiko Rivera. A festa quedou suspendida en canto se coñeceu o suceso e os servizos de emerxencias confirmaron o deceso.

Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vigo, a Policía Nacional e Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vigo. Unha vez no punto, os Bombeiros tiveron que facer uso de material de excarceración para poder liberar o corpo da vítima, atrapado entre o asento e a varanda. Da investigación para determinar a causa dos feitos fíxose cargo o Xulgado de Instrución número 3 de Vigo, en funcións de garda.

SUSPENSIÓN DE FESTAS E PÉSAME

Pola súa banda, a comisión de festas, a través de redes sociais, anunciou que suspenden toda a programación e enviou o pésame á familia. Así mesmo, o cantante Kiko Rivera, que actuaba no recinto cando se produciu o suceso, tamén mandou o pésame aos familiares e enviou un “cálido abrazo” á comisión de festas.

Tamén o alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou as súas condolencias á familia e amigos do falecido. “Todo o meu afecto e apoio neste difícil momento”, sinalou a través da súa conta na rede social X. Do mesmo xeito, o PP de Vigo mostrouse “consternado” polo suceso e sumouse ás condolencias a familiares e amigos da vítima. Pola súa banda, o portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, deu o pésame á familia e amigos e pediu unha “investigación exhaustiva” para esclarecer as causas do suceso e determinar “se puido ser evitado”.

ÚLTIMAS

Caballero: “Tiveron que ser o Concello e a Zona Franca os que salven a ETEA”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regados,...

Luisa Sánchez non se pon teito” electoral en Vigo: “O PP está subindo”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, anunciou que espera ser a candidata...

Vigo acollerá o vindeiro 5 de xullo unha nova cita do circuíto de carreiras “Ponlle Freo”

Vigo será unha das paradas principais do circuíto de carreiras Ponlle Freo 2026, segundo...

Caballero carga contra a Xunta pola vivenda en Vigo e cualifica de “contos chineses” o plan das 2.000 vivendas do Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou os anuncios da Xunta sobre a construción...