InicioSociedadeRomán Rodríguez destaca a innovación enerxética de EnergyLab na súa visita a...

Román Rodríguez destaca a innovación enerxética de EnergyLab na súa visita a Vigo

O conselleiro de Educación coñece os proxectos de hidróxeno verde e transición enerxética no centro tecnolóxico, apoiado pola Xunta con 6 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, puxo en valor proxectos no sector enerxético de EnergyLab, como a obtención de hidróxeno verde para almacenar enerxía máis eficiente. Así o sinalou nunha visita ao centro tecnolóxico en Vigo, no marco dunha roda de encontros que está a realizar para coñecer a actividade e os proxectos innovadores deste tipo de centros en Galicia.

En concreto, Rodríguez coñeceu o funcionamento do centro e dos laboratorios de bioenergía, electroquímica, mobilidade e biomasa da man do seu vicepresidente, José Cidrás; do delegado xeral de Naturgy en Galicia, Alberto Suárez, e do director xeral de EnergyLab, Fernando Val. “Este centro busca lograr a transición enerxética e a descarbonización da sociedade mediante a xeración de gases renovables, de residuos biomásicos e o ensaio de novos biocombustibles para o transporte”, subliñou a Xunta nun comunicado.

Así, Rodríguez destacou o doctoramiento industrial que concedeu a Xunta ao centro para o período 2023-2027, onde traballan na obtención de metanol a partir de biohidrógeno producido por bacterias. “Os centros tecnolóxicos, aos que levamos apoiando desde 2009 con máis de 207 millóns de euros, son fundamentais para mellorar a vida das persoas con proxectos innovadores”, indicou Román Rodríguez. Entre estas axudas, o Goberno galego investiu en EnergyLab case 6 millóns de euros nos últimos 15 an

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...