InicioVigo e contornaVigoO BNG de Vigo denuncia que Abel Caballero eliminou o acto do...

O BNG de Vigo denuncia que Abel Caballero eliminou o acto do Día de Galicia de maneira “sectaria”

Nun comunicado, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, lembrou que en 2023 tampouco se realizou, "sen dar ningunha xustificación, despois de atrasalo ao mes de setembro"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo denunciou que o alcalde, Abel Caballero, eliminase o acto institucional do Día de Galicia de forma “sectaria”, a pesar de que levaba celebrando na cidade máis de dúas décadas.

Nun comunicado, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, lembrou que en 2023 tampouco se realizou, “sen dar ningunha xustificación, despois de atrasalo ao mes de setembro”.

“E vemos como este 2024 directamente o alcalde fai coma se o acto nunca existise, sen tan sequera informar á xunta de portavoces con clara aleivosía e clandestinidade”, afeou Igrexas.

Os nacionalistas criticaron que o rexedor se negue a conmemorar cun acto institucional o 25 de xullo, unha data na que se celebra “o orgullo de ser galegos e a nosa identidade como pobo e nación”.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...