InicioCultura(Crónica) Luis Fonsi queda abraiado co público de Vigo e coa "fermosa"...

(Crónica) Luis Fonsi queda abraiado co público de Vigo e coa “fermosa” cidade

O portorriqueño comezou onte en Vigo a xira polos seus 25 anos de traxectoria no mundo da música, e fíxoo por todo o alto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Que levanten a man os noivos e maridos que viñeron a este concerto obrigados polas súas mulleres”, preguntaba Luis Fonsi durante o seu concerto na noite deste martes no parque vigués de Castrelos. Timidamente comezaron a alzarse entre o público ducias e ducias de mans. “Só agardo que o que comezou sendo unha obriga remate por converterse nalgo que pague a pena”, desexou o artista portorriqueño. E así foi, o público de Castrelos, homes e mulleres, quedou abraiado co chorro de voz dun cantante dos que fai Historia. Fixo de todo: cantou, tocou a guitarra e ata se animou con bailes sensuais para rematar de facer tolear a un auditorio 100 % entregado ao ritmo latino.

Con toda a humildade do mundo, Fonsi comezou onte en Vigo a que será a súa xira polos 25 anos de traxectoria na música, e fíxoo agradecendo o apoio que sempre lle brindaron os seus fans e asegurando que “aínda a día de hoxe me custa crer que haxa tanta xente cando vou aos concertos”. De feito, as mostras de agarimo cara o público foron continuas, aínda que o xesto máis emotivo chegou cando pediu a unha rapaciña que se atopaba no foso, alzada nos ombros dun dos seus pais, un bico dende o lonxe. Tamén quixo amosar a súa admiración a “toda esa xente que fixo horas de cola para mercar o seu boleto para estar hoxe aquí e a aqueles que levan tempo baixo este sol agardando dende ben cedo”.

E é que Castrelos é así: centos de persoas agardaban xa dende primeira hora da mañá sentadas nas gradas da parte alta do recinto equipadas con parasol e toalla como se fosen á praia para pillar o mellor sitio para desfrutar do que, sen dúbida, foi un concerto único á altura das mellores actuacións das que se puideron observar no parque vigués. Nin o sol abrasador que superou onte os 30 ºC foi quen de derreter a ilusión destes seguidores, para os que Fonsi só tivo palabras de agradecemento. Eran as 22.00 horas cando deu comezo a actuación, cun cheo absoluto que o propio alcalde, Abel Caballero, facendo unha vez máis de teloneiro, cifrou en “ducias e ducias e ducias de miles de persoas”.

Nós non sabemos se tantas, pero o que é certo é que o parque de Castrelos se encheu practicamente ao completo nas zonas nas que se podía ver algo do escenario, aproveitando os espectadores calquera pequeno recuncho, por difícil que fose o acceso: había xente subida a árbores, outros que movían pedras para subirse a elas e ata quen se arriscaba na zona máis escarpada por poder desfrutar do concerto. Caballero quixo lembrar aos vigueses presentes e tamén aos visitantes chegados de fóra que “Fonsi vai comezar a súa xira polos 25 anos na mellor cidade do mundo, en Vigo”. E volveu gritar aos catro ventos o seu tópico de ‘Viva Vigo!’. O rexedor lembrou tamén que “Fonsi foi un dos artistas que máis me pedíchedes e aquí o tedes”.

DE ‘YO NO ME DOY POR VENCIDO’ A ‘DESPACITO’: CANCIÓNS LENTAS E BAILABLES

O salto ao escenario do artista portorriqueño chegou precedida dun vídeo no que repasaba todas as cidades polas que viaxou durante estes 25 anos de carreira musical, rematando na última: Vigo. ‘Amar, vivir, crecer, viajar’, rezaba o lema que se podía ver ao remate do vídeo, como valores fundamentais polos que paga a pena vivir e aproveitar cada intre. Esa era a mensaxe que quería facer chegar aos milleiros de persoas que abarrotaban Castrelos, para pasar unha noite de infarto na mellor compañía. A ritmo de ‘Corazón en la maleta’o auditorio vigués comezou a vibrar, como tamén o fixo cando Fonsi alabou todas as virtudes da “fermosa” cidade olívica: gastronomía, praias e, sobre todo, xente. 

Polo que respecta ao repertorio, Fonsi non deixou decepcionado a ninguén, xa que tivo un equilibrio perfecto entre cancións máis lentas e cancións bailables máis actuais. Dende o ‘Yo no me doy por vencido’ ata o mítico ‘Despacito’, pasando por grandes colaboracións como ‘Roma’, con Laura Pausini; ou ‘Imposible’, con Rauw Alejandro; así como ‘Vacío‘ con Myke Towers; e ‘Date la Vuelta‘, con Nicky Jam e Sebastián Yatra. Durante a interpretación dunha das súas cancións máis emotivas mesmo logrou que se fixese día en Castrelos cando miles de lanternas se acenderon para acompañar a canción movéndose dun lado para outro.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...