InicioSociedadeDesconvocada a folga de persoal de ambulancias na área de Vigo

Desconvocada a folga de persoal de ambulancias na área de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O persoal de ambulancias da 061 da área Vigo decidiu desconvocar a folga indefinida prevista para este verán ao alcanzarse un acordo que, segundo trasladaron os sindicatos CIG, USO e CC.OO., recolle as súas principais demandas.

Tal e como informaron, a desconvocatoria faise “por responsabilidade” do persoal, que “non desexa ver afectado o servizo de asistencia sanitaria urxente en Vigo, Cangas e Moaña coincidindo coa época de maior demanda de asistencia”. Con todo, nun comunicado advirten de que se se producise algún incumprimento dos acordos ou de non avanzar nas negociacións das débedas pendentes, a folga volverá convocarse.

En concreto, explican, o texto recolle que a actual empresa concesionaria asumirá as débedas en concepto de liquidación pola subrogación de persoal. Unha parte, expoñen, abonando a nómina íntegra durante as dúas quincenas de vacacións e, doutra banda, comprometéndose a pagar a parte restante na mensualidade de xullo.

Así mesmo, mantense aberta a negociación para o cobro da paga de regularización do actual convenio colectivo. Na actualidade, segundo explican os sindicatos, a dirección da compañía Saluser-Emersan propón o abono para o mes de outubro, mentres que a representación dos traballadores non acepta os prazos argumentando que a Consellería xa pagou este concepto á empresa concesionaria.

ÚLTIMAS

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...

O xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia pero ve atenuantes e as acusacións rebaixan penas

O tribunal de xurado encargado de axuizar o chamado crime de Coia, en Vigo,...

O TSXG esíxelle ao Concello de Vigo que o Nadal non perturbe a tranquilidade dunha veciña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a continuación da execución da...