InicioEconomíaA Autoridade Portuaria espera pechar 2024 como "o mellor ano da súa...

A Autoridade Portuaria espera pechar 2024 como “o mellor ano da súa historia” tras aumentar un 10 % o seu tráfico ata xuño

En concreto, os grupos de mercadoría que condicionan positivamente o tráfico portuario neste primeiro semestre son os tráficos do sector da automoción, a pesca conxelada, os metais e as súas manufacturas, as froitas, hortalizas e legumes, os produtos químicos e as madeiras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Porto de Vigo espera lograr o seu obxectivo de pechar 2023 como “o mellor ano da súa historia” tras aumentar un 13,3 % o seu tráfico total en xuño, respecto ao mesmo mes de 2023, superando as 500.000 toneladas. Así o sinalou o presidente da Autoridade Portuaria, Carlos Botana, tras o consello de administración da entidade levado a cabo este venres, no cal se analizaron os “bos resultados” rexistrados durante o primeiro semestre, cun incremento do 10,4 % no tráfico acumulado ata xuño, con máis de 2,61 millóns de toneladas, superando aos anos do “boom económico” (2007 e 2008).

En concreto, os grupos de mercadoría que condicionan positivamente o tráfico portuario neste primeiro semestre son os tráficos do sector da automoción, a pesca conxelada, os metais e as súas manufacturas, as froitas, hortalizas e legumes, os produtos químicos e as madeiras. Só en xuño, o tráfico de mercadorías subiu un 16 %, sendo o segundo mellor mes de xuño da historia só por detrás de 2007, “grazas ao bo comportamento da pesca conxelada, as froitas, hortalizas e legumes, os metais e as súas manufacturas, a madeira, as pezas de automoción, os produtos químicos, as conservas, os alimentos e outros materiais de construción”.

En canto á principal mercadoría que xestiona o Porto, os vehículos, hai un aumento no tráfico acumulado do 3,4 %, destacando a subida con países como Reino Unido, Italia, Turquía e Marrocos. “O tráfico de vehículos acumulado ao mes de xuño de 2024 conforma, desta forma, o mellor período acumulado a xuño da serie histórica do Porto de Vigo”, subliñaron. Entre outros asuntos, Botana presentou ao consello de administración a tramitación ambiental ordinaria da Delimitación dos Espazos e Usos Portuarios (DEUP) do Porto de Vigo, que se someterá a información pública e a consultas ás administracións afectadas por un período de 45 días hábiles. Unha vez concluída a fase de tramitación ambiental, tocaralle a quenda á tramitación administrativa ata a aprobación definitiva do documento mediante orde ministerial.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...