Silenciar

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ángel Pérez Fernández, En nome da Plataforma Cívica de Vigo Pro Palestina

Falamos de violencia. De dúas formas non obvias, por non dicir retorcidas. O pasado 13 de xuño un grupo de cidadáns acompañados por 22 organizacións sindicais, sociais e culturais, xunto a varios partidos políticos presentaron, en debida forma, unha proposta de resolución para instar ao pleno da corporación municipal de Vigo unha posición clara en contra da ofensiva que o exército de Israel está a perpetrar contra o pobo de Palestina, arestora cualificada polo Tribunal Internacional de Xustiza de “xenocidio”.

Ese escrito non chegou ao pleno debido á negativa dos dous partidos maioritarios no Concello. Porén, un deles, o PSOE, sumárase á manifestación que a Comisión Vigo pro-Palestina organizara o 24 de abril e convocara nas rúas viguesas cerca de cinco mil cidadáns baixo os lemas de “Vigo con Palestina”, “Contra a barbarie” e “Paremos o xenocidio”.

Esa manifestación tampouco tivo ningún eco na prensa local. As empresas periodísticas non apreciaron nada relevante de que informar, salvo un breve audio emitido por unha emisora local. Os grupos políticos con representación no Concello, igual que os medios de comunicación, teñen a potestade de aceptar ou rexeitar as propostas que lles chegan da cidadanía ou, no seu caso, de publicar ou non calquera información. Pero, tanto bloquear a proposta cidadá por parte dos grupos municipais, agás o BNG, quen, no entanto, desbotara a súa presenza na manifestación, asinada por 35 organizacións, como silenciar ao non publicar nada do sucedido na rúa o día anterior, son decisións denunciables en termos de violencia, pois pechan o espazo público de discusión e, daquela, expulsan do debate á cidadanía o cal simplemente significa exercer a forma máis insidiosa de violencia política, pois é violencia contra a política mesma.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...