InicioPolíticaA Biblioteca do Estado, un proxecto paralizado: o consenso semella imposible en...

A Biblioteca do Estado, un proxecto paralizado: o consenso semella imposible en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Albergar a Biblioteca do Estado é un soño para Vigo e os seus cidadáns, mais os acordos políticos non chegan no Pleno municipal, cos votos en contra ao proxecto actual do PP vigués, que sinalou como “levamos xa sete proxectos e ningún se levou a cabo”.

Desde o partido encabezado por Elena Muñoz acusaron de hipocrisía aos socialistas, e mesmo reproduciron na cámara un audio do ministro de Cultura, José Girao (trala eliminación de Máxim Huerta), que segundo defenden os populares demostra a ‘falta de compromiso’ de Sánchez e os seus ministros na finalización do tan esperado proxecto.

Pola súa banda, desde o PSOE acusan a Feijóo de paralizar as obras da Biblioteca, “mentres largan millóns para a cidade da Cultura, nunhas partidas que nunca darían a Vigo, ao que só lle poñen trabas”.

O conselleiro López Font durante o pleno do 31 de outubro en Vigo/ Miguel Núñez

Marea de Vigo falaba da necesidade dun ‘consenso’ entre todos os grupos, e que “sempre estarían a favor dun proxecto como este en Vigo, sexa onde sexa a obra, pero o consenso nesta cidade é imposible”.

Outros temas debatidos foron a moción de censura a Almuíña, conselleiro de Sanidade da Xunta, trala crise de Povisa, ou o centro de saúde de Bouzas.

 

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...