InicioEconomíaLuz verde da Xunta para a instalación dunha planta de hidróxeno verde...

Luz verde da Xunta para a instalación dunha planta de hidróxeno verde no Porto

Conclúe que o proxecto é viable medioambientalmente

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta concedeu autorización ambiental integrada (AAI) ao proxecto para a instalación dunha planta de hidróxeno verde no Porto de Vigo.

Tal como informou o Goberno galego nun comunicado, o Executivo resolveu de forma favorable a solicitude de AAI da iniciativa Julio Verme Hidróxeno Porto de Vigo SL para a instalación desta planta.

Precisamente o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a resolución, tras analizar o expediente e os posibles impactos derivados. Así, a Xunta conclúe que o proxecto é viable medioambientalmente sempre que se cumpran as condicións sinaladas.

“Con esta resolución complétanse os pasos para que a instalación obteña os permisos ambientais necesarios para levar adiante o proxecto, dado que a súa posta en marcha fai que teña que ser sometido a unha autorización ambiental integrada”, lembrou o Executivo autonómico. A documentación recolle que a iniciativa consiste na construción e explotación dunha estación de dispensado público de hidróxeno con xeración de 2 megawatts de potencia.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...