InicioSucesosDetido en Vigo un home que se saltou unha orde de afastamento...

Detido en Vigo un home que se saltou unha orde de afastamento vixente sobre outro home

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, R.C.H. de 57 anos de idade, foi detido na mañá deste pasado domingo en Vigo tras supostamente saltarse unha orde de afastamento vixente sobre outro home. al como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 12.00 horas na alameda de Bouzas, cando a vítima se cruzou co agora detido.

Nun primeiro momento, segundo explicou aos axentes, tentou evadirse da presenza deste home, comezando o individuo a insultalo e a seguilo pola rúa, polo que deu aviso ás forzas da orde.

Unha vez no punto, os funcionarios comprobaron que a orde de afastamento continuaba en vigor, sendo detido o home, que continuou proferindo insultos cara ao requiriente do servizo en presenza dos actuantes.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...