InicioSociedadeUnhas 50.000 persoas acoden á exhibición do grupo Dédalo da Armada na...

Unhas 50.000 persoas acoden á exhibición do grupo Dédalo da Armada na praia de Samil

Realizouse en Samil unha exhibición das accións habituais

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unhas 50.000 persoas, segundo datos da Policía Local, gozaron na tarde deste venres da exhibición de desembarco anfibio levado a cabo polo Grupo de Combate Expedicionario Dédalo da Armada Española na praia viguesa de Samil.

Todo iso despois de que esta semana chegasen a Vigo o portaavións ‘Juan Carlos I’, a fragata ‘Blas de Lezo’ e o buque anfibio ‘Galicia, que atracaron no porto olívico, onde foron visitados por miles de curiosos.

En concreto, as naves da Armada chegaron ao Peirao de Transatlánticos este pasado mércores e as xornadas de portas abertas estendéronse ata a mañá deste venres.

Tras elas, a partir das 16.00 horas, realizouse en Samil unha exhibición das accións habituais que levan a cabo nun desembarco anfibio, que foi vista por unhas 50.000 persoas que se amontoaron na praia. Na mesma participaron infantes de Mariña, vehículos, embarcacións, helicópteros e avións Harrier.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...