InicioSociedadeAnfaco-Cecopesca e a Xunta impulsan a competitividade das conservas de mar

Anfaco-Cecopesca e a Xunta impulsan a competitividade das conservas de mar

O convenio de principios de 2024 permite o desenvolvemento de accións de I+D+i e mercadotecnia para mellorar a competitividade do sector.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro do Mar, Anfonso Villares, participou este xoves no consello reitor da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos, Anfaco-Cecopesca, onde puxo en valor o traballo da devandita entidade tras coñecer os avances en actividades científico-tecnolóxicas levados a cabo durante o primeiro semestre deste ano. Nun comunicado, a Xunta lembrou o convenio de colaboración asinado entre Anfaco e a Consellería para a promoción e mellora da comercialización de conservas de mar, co fin de impulsar a competitividade do sector e de favorecer o seu crecemento.

O convenio, segundo dixo Villares, foi asinado a principios deste 2024 e grazas a el estanse levando a cabo distintas accións de promoción e difusión da calidade dos produtos do mar transformados. “O obxectivo é intensificar o coñecemento do conxunto da cidadanía sobre eles e impulsar o desenvolvemento do sector nesa materia”, engadiu o Executivo autonómico. Entre outras accións, inclúense diversas iniciativas relacionadas coa sustentabilidade, a transformación dixital, a seguridade alimentaria, a mercadotecnia e o I+D+i.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...