InicioSociedadeLuz verde da Xunta á contratación da construción de 58 vivendas en...

Luz verde da Xunta á contratación da construción de 58 vivendas en Navia

Un dos edificios albergará 37 vivendas de promoción pública, garaxes e trasteiros. O plan parcial permite a construción dun edificio cun máximo de 4 alturas máis ático. O outro edificio contará con 21 vivendas, garaxes e trasteiros, e o plan parcial permite máximo de 3 alturas máis ático.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta de Galicia autorizou a licitación da redacción do proxecto e a execución de dous edificios cun total de 58 vivendas de promoción pública no barrio vigués de Navia, que se construirán no chamado polígono 1 da ampliación desta área. Trátase do sétimo grupo de inmobles que a Xunta licita neste barrio, e destinará neste caso un investimento de 13 millóns de euros. En concreto, licitaranse os servizos de redacción de proxecto e dirección de obra, e de contratación das obras de construción, con técnicas industrializadas e uso de madeira.

Un dos edificios albergará 37 vivendas de promoción pública, garaxes e trasteiros. O plan parcial permite a construción dun edificio cun máximo de 4 alturas máis ático. O outro edificio contará con 21 vivendas, garaxes e trasteiros, e o plan parcial permite máximo de 3 alturas máis ático. En concreto, licitaranse os servizos de redacción de proxecto e dirección de obra e de contratación das obras de construción, con técnicas industrializadas e o uso de madeira, de dous edificios de 37 e 21 vivendas de promoción pública nas parcelas M-IVB-20 e M-IVB-22 do polígono 1 de San Paio de Navia.

Estas dúas obras son as primeiras de Navia que incluirán a aplicación de técnicas construtivas industrializadas, aplicando unha ou varias patentes, que permiten unir arquitectura e prefabricación para optimizar prezo, sustentabilidade, seguridade, calidade e mellor uso e mantemento. Entre esas técnicas inclúese o uso de madeira, tanto na estrutura dos inmobles como noutros elementos.

Neste polígono 1 construiranse un total de 259 vivendas de promoción pública, ás que se engadirán outras 100 vivendas públicas que xa están programadas. A elas súmanse outras 374 vivendas de protección autonómica nese mesmo polígono. Ademais, a Xunta autorizou o pasado 1 de xullo a licitación das obras de urbanización do polígono 2, onde se construirán outras 719 vivendas e un instituto, entre outros servizos.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...