InicioSucesosIncautan 780 paquetes de tabaco de contrabando a un viaxeiro ruso no...

Incautan 780 paquetes de tabaco de contrabando a un viaxeiro ruso no aeroporto de Peinador

O tabaco incautado posúe un valor total de 3.700 euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil, en colaboración con axentes da Unidade de Análise de Riscos (UAR) da Aduana de Vigo, interviu no aeroporto de Peinador 780 paquetes de tabaco de contrabando que levaba na súa equipaxe un viaxeiro procedente de Rusia.

Os feitos tiveron lugar a pasada fin de semana cando os efectivos do Destacamento Fiscal da Garda Civil que prestan servizo no aeroporto de Peinador interceptaron, coa colaboración dos axentes da UAR, unha maleta sospeitosa no control aduaneiro da equipaxe que viña facturada nun voo procedente de Rusia con escala en Lisboa.

Tabaco incautado/ Garda Civil

Ao comprobar o contido da maleta, de dobre fondo, incautáronse un total de 780 paquetes de tabaco das marcas “ Marlboro”, “Kent Blue” e “ Rothmans Of London”. O tabaco atopábase disposto en cartóns e paquetes soltas no interior da maleta facturada e parte del estaba oculto detrás do forro interior da propia maleta.

A maleta fora facturada a nome dun pasaxeiro de nacionalidade rusa, que foi identificado e denunciado ante a Administración de Aduanas e Impostos Especiais de Vigo como suposto autor dunha infracción administrativa de contrabando. O tabaco aprehendido, cuxo valor no mercado aproxímase aos 3.700 euros, foi posto a disposición da Administración de Aduanas.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...

Interceptado en Moaña tras extraer ilegalmente máis de 25 quilos de centola e nécora

A Garda Civil interceptou nunha praia de Moaña (Pontevedra) un home de 32 anos,...

Kiko Veneno fará escala en Vigo o 23 de outubro cun concerto entre clásicos e novas cancións

A xira do músico Kiko Veneno fará escala no Auditorio Mar de Vigo o...