InicioSucesosCatro persoas feridas nun accidente múltiple entre cinco vehículos no Porriño

Catro persoas feridas nun accidente múltiple entre cinco vehículos no Porriño

O Porriño rexistrou outra accidente esta tarde de xoves, neste caso un choque entre un tractor e un vehículo, o que provocou o traslado de tres persoas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un accidente múltiple entre cinco vehículos ocorrido na A-55, ao seu paso polo municipio do Porriño, deixa a catro persoas feridas que necesitaron ser trasladadas en ambulancia.

Pouco antes das 15,30 horas deste xoves, unha testemuña alertou ao 112 Galicia de que varios vehículos chocaran no quilómetro 16 da A-55.

Tras o aviso, solicitouse a intervención do 061, Bombeiros deo Baixo Miño, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil do Porriño.

Por outra banda, O Porriño rexistrou outra accidente esta tarde de xoves, neste caso un choque entre un tractor e un vehículo, o que provocou o traslado de tres persoas.

Segundo informa o 112, o accidente tivo lugar ás 17,00 horas na parroquia de Santa Eulalia de Atios. O sistema de emerxencia ‘eCall’ do coche deu a alerta. Debido ao impacto, o condutor do tractor tivo que ser trasladado ata o hospital, do mesmo xeito que dous ocupantes do coche. Outras dúas persoas que ían no interior do turismo, unha delas menor, tamén acudiron ao hospital aínda que polos seus propios medios.

ÚLTIMAS

A conselleira do Mar destaca o papel do Cetmar na innovación mariña e a sustentabilidade do sector pesqueiro

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou esta semana na reunión do Padroado do Centro Tecnolóxico...

O Hospital Álvaro Cunqueiro celebra dez anos como “referente” da sanidade pública galega, segundo Rueda

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo conmemorou este venres o décimo aniversario da súa posta en funcionamento cun...

Convocada folga indefinida no provedor de automoción Akwel Vigo tras varios despedimentos e un futuro incerto

O comité de empresa da planta de Akwel Vigo, provedor da industria de automoción,...

Un home detido por unha suposta agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado mércores a un veciño da...