InicioSociedadeNovo programa da UVigo con medidas para o aforro e a eficiencia...

Novo programa da UVigo con medidas para o aforro e a eficiencia enerxética

PUBLICADO O

- Advertisement -

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este xoves un novo programa de medidas para fomentar o aforro e a eficiencia enerxética, que substitúe ao plan urxente sobre este tema posto en marcha en setembro de 2022 e que tiña como obxectivo reducir entre un 25% e un 30% o consumo de luz nun escenario de escalada de prezos.

Unha vez terminada esta crise enerxética, a institución decidiu reaxustar o seu plan, eliminando por exemplo a prohibición do uso de dispositivos de calefacción individuais eléctricos ou reaxustando os criterios para o uso da calefacción e da climatización.

Segundo explicou a director da área de Servizos Enerxéticos, Camilo Carrillo, a partir de agora, as medidas de eficiencia enerxética en lugar de establecer períodos para a climatización e a calefacción, atenderán a unha temperatura de confort dos espazos interiores e de traballo de 19 graos centígrados cando sexa necesaria calefacción e de 27 graos cando faga falta aire acondicionado, mentres que a humidade debe manterse entre o 30% e o 70%.

Por outra banda, continuarán aplicándose os mecanismos de control necesarios para que os equipos de climatización non funcionen fose dos horarios de apertura dos centros e seguirán sen climatizarse, sempre que sexa tecnicamente viable, os espazos de circulación e os vestíbulos, así como os locais que non estean en uso durante a xornada laboral.

Outro dos puntos centrais do consello de goberno ordinario deste xoves foron as propostas de verificación e modificación de títulos de grao, máster e douturamento para o curso 2025/2026. Respecto diso, abriuse un “intenso” debate, segundo recolle o Diario da Universidade de Vigo (DUVI), sobre a verificación do grao e o máster de Enfermaría.

O profesor Claudio Cerdeiriña, en representación da Plataforma Procampus, lamentou a “falta de consenso” nun tema que afecta a catro escolas e que conta só co apoio de dous delas.

María Reyes Pérez, en nome do profesorado das escolas de Enfermaría do Meixoeiro e de Ourense, manifestou o seu desexo de que o proceso de integración chegue a bo porto, aínda que lamentou que o proceso levase a cabo “sen garantir o lóxico protagonismo que debería ter a comunidade universitaria das escolas adscritas na organización destas titulacións”. En nome do alumnado, Lucía de Luís, fixo fincapé en que se retomase o proceso con comisións que garantisen a participación dos alumnos.

En resposta a todos, o reitor, Manuel Reigosa, subliñou que a integración dos estudos de Enfermaría nunha única facultade é unha “cuestión complexa”, pero tamén unha “necesidade” e un “anhelo” a título persoal del, así como un “proxecto ilusionante”.

Segundo Reigosa, detrás de todo o proceso non hai ningún problema territorial, porque “a facultade terá presenza no tres campus de forma igualitaria e o mesmo ocorrerá co equipo de goberno”. O reitor recalcou que a creación efectiva do centro vai ligado á aprobación dos títulos que nel se van a impartir, polo que “se se decidise pospor este proceso, tiraría xa a toalla porque seguro que xa non sería posible a creación do centro”. Finalmente, si foron aprobados.

En concreto, tras o seu invervención, procedeuse á votación e aprobouse a verificación dunha nova Programación Conxunta de Ensinos Oficiais de Enxeñaría Informática e de Intelixencia Artificial, así como a modificación de dous títulos xa existentes: Enfermaría e Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación.

No referido a os máster, aprobouse a verificación de sete novos títulos: Máster en Literatura Dramática, Música e Artes Escénicas; Máster en Prevención e Abordaxe Multidisciplinar das Drogodependencias e Condutas Adictivas; Máster en Realidade Aumentada; Máster en Ciencia do Exercicio, Preparación Física e Readaptación Deportiva; Máster en Enfermaría de Práctica Cardiovascular e Respiratoria Avanzada; Máster en Creación Artística Contemporánea e Máster en Criminología.

Paralelamente, tamén se deu o visto e prace ás modificacións de tres máster que xa se imparten: Enxeñaría de Telecomunicación; Ciencia e Tecnoloxías da Información Cuántica e Enxeñaría Informática – Mención dual. Finalmente, aprobouse a verificación do novo Programa de doctoramiento en Investigación Sanitaria e a modificación do de Ciencias do Deporte, Educación Física e Actividade Física Saudable.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...