InicioEconomíaO novo software Suite ACRE de Vig-Sec Drone que permite o voo...

O novo software Suite ACRE de Vig-Sec Drone que permite o voo simultáneo de drones e aeronaves tripuladas

Ofrece alertas, medidas de continxencia e accións de emerxencia en tempo real, adaptándose ás características específicas de cada aeronave

PUBLICADO O

- Advertisement -

A empresa Vig-Sec Drone probou este mércores en Nigrán a tecnoloxía Suite ACRE, que permite o voo simultáneo de drones e aeronaves tripuladas de forma segura.

O delegado do Estado no consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, acudiu ás probas levadas a cabo por dita startup, que naceu na sétima edición de ViaGalicia.

Tal como indicou Zona Franca nun comunicado, na actualidade, as operacións de emerxencia ven limitadas polo risco de colisión, e esta aplicación proporciona unha solución a esta problemática. Así, ofrece alertas, medidas de continxencia e accións de emerxencia en tempo real, adaptándose ás características específicas de cada aeronave.

Esta exhibición experimental, que contou coa colaboración dun helicóptero EC-135 do Exército de Terra, constou de dous partes. En primeiro lugar, efectuáronse dúas pasadas a diferentes alturas e distancias co uso de ACRE, avaliando a información recibida e a eficacia dos procedementos automáticos do software. A continuación, o helicóptero sobrevoou a zona sen a asistencia da tecnoloxía ACRE, permitindo observar a capacidade da tripulación para detectar o dron sen axudas electrónicas.

“A validación deste exercicio achega a resolver un problema crítico na xestión do espazo aéreo en operacións de seguridade e emerxencia e abrirá novas posibilidades operativas, mellorando a eficacia das unidades de emerxencia en España”, indicou Zona Franca.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...