InicioSucesosArden cinco gabarras na zona industrial de Saxamonde en Redondela

Arden cinco gabarras na zona industrial de Saxamonde en Redondela

PUBLICADO O

- Advertisement -

Por fortuna, aínda que o lume estivo preto dunha nave industrial, esta non se viu afectada, xa que os camións atopábanse fóra da mesma. Ademais, tampouco houbo que lamentar danos persoais.

Ao fío das 22 horas o 112 Galicia recibiu o aviso de numerosos particulares indicando que escoitaran varias explosións e apreciaban moito fume nunha zona con numerosa actividade industrial na parroquia de Saxamonde, en Redondela (Pontevedra).

De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Porriño e aos de Morrazo, así como aos membros do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos e do GES de Mos, aos axentes da Policía Nacional, Local e da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil de Redondela. Nada mais recibir a primeira chamada de alarma, o 112 Galicia tamén puxo en alerta ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por si nalgún momento, fose precisa a súa intervención.

Unha vez no punto, os equipos de emerxencia desprazados, informan ao 112 Galicia da situación, relatando que varias gabarras de camións están ardendo e estanse producindo explosións debido aos pneumáticos e ao gas das caixas refrixeradas, aínda que, por fortuna, non hai ningunha persoa afectada e nin a nave nin a masa forestal lindeira están afectadas polo lume.

Con todo, unha vez rematadas as tarefas de extinción, os Bombeiros informan ao 112 Galicia que os danos materiais sáldanse con catro gabarras que arderon por completo, e unha quinta que resultou afectada. Polo momento, descoñécense as causas que orixinaron o lume.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...