InicioMovementos SociaisSindicatos do 061 de Vigo piden á Xunta que garanta o pago...

Sindicatos do 061 de Vigo piden á Xunta que garanta o pago das nóminas pendentes

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os sindicatos CIG, CC.OO. e USO reclamaron á Xunta que garanta o abono das nómimas pendentes aos traballadores da 061 da área de Vigo que a anterior concesionaria do servizo, Ambulancias do Atlántico, debe desde en xaneiro de 2024. Nun comunicado emitido este sábado, os representantes sindicais sinalaron que esta reclamación foi trasladada no encontro mantido o pasado venres con responsables de Urxencias Sanitarias 061 e a empresa pública Tragsa para abordar a intervención de Ambulancias do Atlántico.

Lembran que a concesionaria “aínda ten pendente o abono da liquidación por cambio de empresa” e “determinadas débedas” en concepto de atrasos por nóminas “mal calculadas” dos empregados desde xaneiro de 2024.

Na reunión acordouse a creación dunha oficina de atención aos traballadores para resolver este último problema, unha medida que as centrais consideran “totalmente insuficiente”, polo que esixen á Administración autonómica a que achegue información sobre o proceso “nun prazo máximo de tres días hábiles”.

Así, os sindicatos piden concrecións temporais sobre o cálculo da liquidación do persoal que terminou a súa vinculación con Ambulancias do Atlántico e agora forma parte da nova concesionaria, Saluser-Emersan; á vez que solicitan garantías sobre o cobro destas contías, que reclaman que sexan cubertas pola Xunta no caso de que a empresa alegue falta de liquidez.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...